Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Feira Franca




A Feira Franca, festa que ten lugar a primeira fin de semana de setembro, baséase no privilexio concedido polo rei Henrique IV no ano 1467, en virtude do cal se autorizaba a celebración dun mercado libre de impostos de un mes de duración, quince días antes e quince días despois do 24 de agosto, festividade de San Bartolomeu.

A concesión da Feira Franca coincide cun período de puxanza económica da cidade, que se prolonga ata as décadas finais do século XVI. A pesca e o comercio foron entón os dous piares do desenvolvemento económico de Pontevedra, daquela a vila máis poboada de Galicia.

A construción da Basílica de Santa María ao longo do século XVI, impulsada pola poderosa Confraría do Corpo Santo, é a manifestación artística máis sobranceira daquela etapa de esplendor.

Rescatada nos inicios do século XXI, a Feira Franca pontevedresa é un gran mercado medieval onde a artesanía, a gastronomía, os torneos cabalerescos, a recreación do transporte do viño, a animación na rúa e outras actividades históricas e culturais coinciden nunha festa popular na que un bo número de veciños de Pontevedra, e de visitantes á cidade nestes días, compiten pola orixinalidade dos seus vestidos medievais, nun verdadeiro espectáculo de sabores e cores.

Espectáculos e actos culturais forman o apertado programa desta feira que comeza o venres e remata o sábado pola noite, na que, como non podía ser doutro xeito tratándose de Pontevedra, a gastronomía cobra unha especial relevancia.

Visit Pontevedra