Festival Internacional de Jazz e Blues

Celebrouse por primeira vez no ano 1.992, adquirindo co paso do tempo maior prestixio e renome.
O pasado mes de xullo celebrouse en Pontevedra a 18ª edición do festival de jazz e blues consagrándose como un dos mellores de todo o noroeste peninsular, e é que a cidade do Lérez xa se está a facer un oco no circuíto europeo de jazz.
Unha cita na que as rúas da cidade énchense de ritmo, improvisación e boa atmosfera. O festival inclúe o ciclo PONTEJAZZ cos seus clásicos workshops e jamsessions, que son a culminación da actividade do Seminario Permanente de Jazz cuxa sede é a cidade de Pontevedra e que xa deu os seus froitos en forma de discos ou de colaboracións entre os mellores músicos galegos e outros achegados doutros moitos puntos do planeta.
Pontevedra é xa unha “Cidade de Jazz” e cada verán na segunda quincena do mes de xullo esta música invade as rúas e prazas do centro histórico.