Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Entroido




A festa do Entroido garda unha longa tradición, e tradúcese nunha semana de celebracións que atrae a numerosos visitantes, pola riqueza e a variedade da súa proposta. A chegada do Rei Urco, coa súa manada de cans, é unha das peculiaridades do Entroido pontevedrés, que comeza o venres anterior ao inicio da Cuaresma.

Os desfiles e concursos de disfraces, as xornadas gastronómicas e concursos de filloas, a mostra da parodia ou o concurso de murgas sucédense ata chegar ao verdadeiro día grande do Entroido, o Venres de Entroido, cando os veciños saen á rúa rigorosamente vestidos de loito para celebrar o enterro do loro Ravachol formando un multitudinario cortexo que parte da Praza da Verdura e termina na da Ferrería, despois de percorrer boa parte da cidade vella.

A queima simbólica, na Ferrería, do cadáver do loro, que cada ano aparece disfrazado cun motivo de actualidade diferente, e as súas honras fúnebres, incluída unha necrolóxica na que se fai repaso dos principais asuntos candentes da cidade, significan o final da festa, antes de entrar nos rigores da Cuaresma.

A casualidade quixo que Ravachol morrera precisamente no Entroido e o seu duelo, segundo as crónicas do ano 1.913, foi todo un espectáculo multitudinario; desde entonces o enterro do loro substitúe en Pontevedra ao popular enterro da sardiña.

RAVACHOL

Ravachol, nado a finais do século XIX, era un loro mascota de D. Perfecto Feijoo, e vivía na botica que este tiña na praza da Peregrina en Pontevedra.

Era moi prezado polas xentes da cidade polos seus famosos diálogos e expresións, non sempre correctas, pois era moi mal falado. Frases famosas súas eran “se collo a vara”, “aquí non se fía” ou “arre arre”, cando pasaban os carros de mulas.

Morreu durante o Entroido de 1.913, polo que, de broma, fixéronlle un enterro con grandes honras ao que acudiu unha gran comitiva.

Recuperando a súa figura, desde o ano 1.985 organízase unha incineración da súa efixie, significando o final das festas do Entroido.

Longa vida a Ravachol, representante da sátira e o bo vivir de Pontevedra !

PERFECTO FEIJOO

Personalidade pontevedresa, dono da famosa botica na que se celebraron reunión con ilustrados personaxes: Unamuno, Ortega y Gasset, Zorrilla, Albéniz, Pablo Iglesias ou dona Emilia Pardo Bazán.
Visit Pontevedra