Ponte de Tapas: todo o potencial gastronómico de pontevedra por só 1,50 euros
Considerada como un dos eventos gastronómicos máis relevantes de Galicia, as distintas edicións do concurso
Ponte de tapas de
Pontevedra tiveron unha aceptación popular e na prensa especializada sempre á alza. Como resultado desta iniciativa, a oferta gastronómica da cidade neste espazo creceu tanto en calidade como en número de establecementos, ata o punto de converterse nun dos referentes gastronómicos da cidade, e nun pretexto para visitar ou pasar un fin de semana en Pontevedra.
¿Buscas un local onde tapear en compañía dos teus amigos ou da túa parella?. Pontevedra é o teu lugar; non atoparás un local, senón toda unha serie de locais nos que che atenderán cunha coidada atención, e prezos razoables.
Se buscas tapas Pontevedra é a túa cidade.
Pontedetapas, o concurso de tapas de Pontevedra, organizado pola Concellaría de Promoción Económica do concello de Pontevedra, a través de Visit-Pontevedra, pretende dar a coñecer o potencial gastronómico da cidade en pequeno formato. Celébrase varias veces ao ano, e sempre é un pretexto para visitar a nosa cidade.
A IV edición,
Ponte de tapas 2012 celébrase ata o domingo 4 de xuño de 2012. Podes ver os detalles en
Ponte de Tapas IV Edición. Animámosche a que degustes, as tapas de Pontevedra, participes e gañes fantásticos premios.
Se queres coñecer a oferta de tapas de Pontevedra, animámosche a que vexas este vídeo da terceira edición, e busques os establecementos que ofrecen tapas no mapa que che achegamos.
Podes facer un seguimento ao detalle deste concurso en:
www.pontedetapas.es
facebook.com/PontedeTapas
twitter.com/PontedeTapas