Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

A Senda do Lérez

Esta atractiva ruta lévanos polas paisaxes fluviais do Lérez nunha zona de alto valor ecolóxico e moi preto do centro urbano desde onde nos desprazaremos a pé.

Co fin de ver algunhas das pontes máis salientables de Pontevedra podemos partir da ponte do Burgo a máis antiga da cidade e símbolo desta. Continuaremos o paseo pola ribeira mentres pasamos a carón da sinxela ponte de Santiago e da moderna ponte dos Tirantes. A nosa camiñada continua entre a fileira de plátanos sen deixar a beira do Lérez.

Despois deste primeiro tramo máis urbano a paisaxe faise máis auténtica onde abundan os carballos, castiñeiros, vexetación de ribeira e pequenos carreiros da antiga ruta de pescadores que se internan nos chamados salóns do Lérez, zonas onde o río se remansa e discorre calmo.

Chegados aquí poderemos seguir pola beira do río ou por un tramo da estrada que leva a Monteporreiro para ver a paisaxe desde o alto. En Monteporreiro é aconsellable desviarse para acceder ao Miradoiro de Monteporreiro que nos ofrece bonitas vistas do final do río. Volvemos a senda para achegarnos a fervenza de Monteporreiro e aos restos do antigo balneario de Augas do Lérez. Neste lugar houbo un pequeno balneario do que soamente restan as ruínas do edificio.

Para pasar á outra banda do Lérez e continuar de regreso a Pontevedra compre atravesar unha vella pasarela de ferro sobre o río e entre ameneiros, canavais e outras especies chegaremos ao lugar da Fontaiña. Desde alí subimos por un camiño que nos leva a escalinata de acceso ao mosteiro de San Bieito de Lérez onde cada ano, polo 11 de xullo, acoden en romaría miles de devotos de San Benitiño, O Santo máis milagreiro.

Logo desta obrigada visita volvemos a beira ao lugar da Fontaiña poderemos volver pola Illa das Esculturas e facer o retorno o centro da cidade por calquera das pontes que abeiramos ao comezo da ruta.

- Pontevedra
Enviar datos de axenda por SMSEnvíese os datos de axenda por SMS ao seu teléfono móbil ou PDA.
Engadir ao carriño do viaxeiro | Ver o carriño do viaxeiro | Posicionar recurso no mapa | Imprimir | Descargar cartón virtual (vCARD)

Visit Pontevedra