Convento de Santa Clara

Este convento conserva a Igrexa do mesmo nome. Construída na segunda metade do s. XIV, é de estilo gótico, con reformas posteriores. cun importante conxunto de retablos barrocos.
Situada extramuros, xunto ao denominado Camiño de Castela, emprazábase á Porta de Santa Clara, unha das cinco entradas da antiga muralla, xunto coa Porta das Trabancas, na praza da Ferrería, a Porta de San Domingos, no convento de San Domingos, a Porta de Santa María a Grande, na Basílica de Santa María a Maior, e a Porta da Ponte, na ponte do Burgo.



































