Basílica de Santa María


A Igrexa de Santa María é sen dúbida o mellor exemplo de arquitectura relixiosa de toda a cidade. A Real Basílica de Santa María A Maior iníciase no século XVI como iniciativa do gremio de Mareantes, habitantes da Moureira, activo e puxante barrio mariñeiro.
Declarada Monumento histórico Artístico en 1931, Santa María conxuga á perfección o Gótico tardío co Renacemento. A este último estilo pertence a súa fachada principal (s. XVI), obra de Cornelis de Holanda e Joãou Noble, considerada unha das obras cumio do estilo plateresco en Galicia e que alberga unha curiosa imaxe de San Xerome con anteollos. No interior, pódese contemplar o Cristo do Desencravo (s. XVI), o Cristo dos Mariñeiros (s. XVIII) e as abraiantes bóvedas de crucería.

Avenida de Santa María, s/n
36002 - Pontevedra
Enviar datos de axenda por SMSEnvíese os datos de axenda por SMS ao seu teléfono móbil ou PDA.
Engadir ao carriño do viaxeiro | Ver o carriño do viaxeiro | Posicionar recurso no mapa | Imprimir | Ver en PDF | Descargar cartón virtual (vCARD)