Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Capela de San Roque - A Moureira

A Moureira era o barrio onde residía o gremio de Mareantes. Este arrabalde mariñeiro, dedicado á pesca e salgadura do pescado, estaba situado extramuros, estendíase desde a ponte do Burgo ata a desembocadura do río Gafos. Dividíase en tres partes: a chamada “A Moureira de Arriba”, situada nas inmediacións da ponte; a “Moureira da Barca”, máis próxima a Poio, e a “Moureira de Abaixo”, o actual barrio de San Roque.
Aquí eríxese a Capela de San Roque, santo este considerado avogado, xunto con San Sebastián contra a peste. Este templo foi erixido nas Corbaceiras, moi próximo ao porto, para protexer á cidade dos efectos mortais dos barcos infectados.
Aínda que a súa orixe non está moi clara, ao longo dos séculos sufriu varios cambios de situación, ata que en 1861, a capela foi trasladada ata o seu actual emprazamento, e conserva aínda algúns elementos construtivos da primitiva.
A escasos metros atopamos a praza de touros construída, toda de madeira, en 1892. Sete anos máis tarde inaugurouse o actual coso, o día da Peregrina. Sen embargo, a principios do século XVII xa se celebraban touradas na praza da Ferrería que era pechada cada ano con cercado de madeira.

San Roque, s/n
36002 - Pontevedra
Enviar datos de axenda por SMSEnvíese os datos de axenda por SMS ao seu teléfono móbil ou PDA.
Engadir ao carriño do viaxeiro | Ver o carriño do viaxeiro | Posicionar recurso no mapa | Imprimir | Descargar cartón virtual (vCARD)

Visit Pontevedra