Concello


A Casa Consistorial atópase situada na Praza de España na confluencia do casco histórico coa alameda do Arquitecto Sesmeros. Edifícase sobre os restos das antigas Casas do Concello (s. XV-XVI). É obra do arquitecto Alejandro Rodríguez Sesmeros respondendo ao estilo ecléctico decimonónico (1877-1890). Desenvólvese a partir de dous pisos de altura con planta rectangular.
Os seus trazos mais destacables son os linteis das fiestras e a fachada principal. Nela cabe destacar os seus catro pares de columnas, o balcón e o reloxo, así como os frontóns das portas.

Praza de España, s/n
36001 - Pontevedra
Teléfono: 986 804 300
Web : http://www.concellopontevedra.es/
Enviar datos de axenda por SMSEnvíese os datos de axenda por SMS ao seu teléfono móbil ou PDA.
Engadir ao carriño do viaxeiro | Ver o carriño do viaxeiro | Posicionar recurso no mapa | Imprimir | Ver en PDF | Descargar cartón virtual (vCARD)