Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Teatro Principal

O Teatro Principal está emprazado no centro da cidade, en pleno centro histórico de Pontevedra, o que permite unha integración social e cultural que non sempre se atopa. Edificado en 1842 sobre a vella igrexa de San Bartolomé foi reconstruido despois dun grave incendio.
Foi inaugurado en xaneiro de 1997, e é obra do arquitecto José Ramón Miyer Caridad tras gañar o concurso de Anteproxectos en 1985. O edificio está composto por cinco andares e dous sotos. A fachada, con amplos ventanais, segue mantendo o frontón tradicional. Tamén conta con dúas salas de exposicións e un auditorio con capacidade para 434 persoas, que constitúen as naves principais do edificio. O escenario, de 52 metros cadrados, está dotado dunha plataforma móbil. Así mesmo, un falso teito mellora a acústica e dá cabida á instalación da iluminación.
En canto ao aspecto decorativo, tívose presente conxugar a idea inicial do teatro decimonónico cunha decoración máis actual, evitando os dourados e os detalles barrocos, buscando a esencia do edificio decimonónico sen ter que recorrer o detalle fácil. Ademais as portas e a decoración aseguran o seu acondicionamento acústico. O Teatro Principal ten unha rica e variada ofera cultura o longo de todo o ano, composta principalmente por representacións teatrais, concertos, etc.

Rua Paio Gómez Charino S/N
36002 - Pontevedra
Teléfono: 986 851 932
Enviar datos de axenda por SMSEnvíese os datos de axenda por SMS ao seu teléfono móbil ou PDA.
Engadir ao carriño do viaxeiro | Ver o carriño do viaxeiro | Posicionar recurso no mapa | Imprimir | Descargar cartón virtual (vCARD)

Visit Pontevedra