Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Pazo de Lourizán

O Pazo de Lourizán, do mesmo xeito có resto dos pazos galegos, foi adaptándose ós tempos e as circunstancias en función da súa utilidade, de granxa a casa residencial, de lugar de veraneo a centro de investigacións forestais, mantendo un conxunto o palacio e o predio, cunha flora de carácter monumental, conservando a estructura do xardín herdeira da época de Montero Ríos.
No século XV foi habilitado como granxa e desa época conserva o pombal ameado de planta circular . A finais do XIX foi residencia de tempada de Eugenio Montero Ríos, avogado e político, que converteu Lourizán ademais dun lugar de descanso nun centro de referencia política e social o que acudían políticos, periodistas e destacados homes da época.
A Deputación de Pontevedra adquiriuno a comezos dos 40. En 1943 cedeullo ao Ministerio de Educación para o seu uso como Centro Rexional de Ensinanzas, Investigacións e Experiencias Forestais; en 1946 converteuse en Escola Técnica Superior de Montes. Actualmente está integrado na estructura do Centro de Desenvolvemento Sostible da Consellería de Medio Ambiente, o Centro de Investigacións Ambientais e Forestais de Lourizán ten por obxectivos principais a protección, conservación e mellora do patrimonio forestal de Galicia.
O maxestoso edificio, de aire romántico, foi obra de Genaro de la Fuente Domínguez. Se accede por una escaleira de pedra de corte imperial custodiada por estatuas. A parte central está realzada por un brasón e un reloxo, no lugar do escudo que locen os pazos galegos. Ademais da parte central o edificio ten dúas alas laterais, de maior lixeireza, cunha mestura de clasicismo modernista, dominando a pedra coma no resto, nas columnas, nos balcóns e ornamentos que decoran cun estilo de resortes clasicistas cada oco, cada espacio. Unha terraza de gran extensión ocupa a parte superior con pilastras de pedra e traballados floreiros. A pedra e o cristal son os dous elementos principais deste palacio, ventás acristaladas ó xeito de galería, que deixa pasar a luz, convertendo o interior nun corredor no que penetra o xardín.
Lourizán ademais de ter un gran edificio está rodeado de terras, 54 hectáreas, que se reparten entre o xardín, a finca e o arboredo, froito da ligazón entre a agricultura, a botánica e a vida pacega. As diferentes etapas foron deixando pegadas ó longo de todo o predio; a granxa inicial, o xardín señorial e o centro de investigacións forestais, fixeron que hoxe conflúan a ciencia, a arte e a natureza, nunha mestura que reflicte beleza, tranquilidade e harmonía.
Numerosas árbores autóctonas: carballos, castiñeiros, bidueiros e outras foráneas atoparon nestas terras a ancoraxe das súas raíces, mesturadas coas camelias, as vides e as palmeiras. Atópase un contorno vexetal realizado por especialistas franceses en xardinería, unha parte destinada ó cultivo da vide e outra a especies exóticas: cipreses, araucarias, cedros, magnolias, plátanos e aligustres, e outras moitas variedades.

Lourizán (Santo André), Agrovello
36153 - Pontevedra
Enviar datos de axenda por SMSEnvíese os datos de axenda por SMS ao seu teléfono móbil ou PDA.
Engadir ao carriño do viaxeiro | Ver o carriño do viaxeiro | Imprimir | Descargar cartón virtual (vCARD)

Visit Pontevedra