Pazo da Cultura

O Pazo da Cultura sitúase a escasos cinco minutos do centro urbano e perfectamente comunicado coas principais vías de entrada constituíndo un escenario ideal para celebración de todo tipo de eventos tanto pola súa privilexiada situación como pola beleza das instalacións. Foi concibido como un conxunto de edificios, un espazo versátil que pode dar resposta a unha variada programación cultural.
Este complexo cultural está dotado dun Auditorio que ocupa a nave central do edificio; conta con aforo para 772 persoas e goza de extraordinarias condicións acústicas e un escenario óptimo que fan posible tanto a programación de concertos como obras de teatro e toda clase de espectáculos de ballet e danza.
Conta tamén cun salón de actos con capacidade para 276 persoas, equipado cos últimos avances tecnolóxicos; de moderna decoración, é idónea para a celebración de conferencias, cursos, seminarios e simposios . Así mesmo dispón de oito seminarios que se adaptan a calquera tipo de encontros e reunións profesionais

Alexandre Bóveda, s/n
36005 - Pontevedra
36005 - Pontevedra


































