Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Centro de Interpretación Torres Arcebispais

Construído no subsolo, aproveitando o foso defensivo do pazo-fortaleza das Torres Arcebispais, o Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA) é o primeiro centro museográfico municipal da cidade de Pontevedra. O edificio foi construído no soto, aproveitando o foso defensivo do pazo-fortaleza das Torres Arcebispais descuberto durante as obras da avenida de Santa María.

O centro, que ocupa 715 metros cadrados, era a base da fachada da fortaleza, ou escarpa, e o o muro exterior, de peor factura, a contraescarpa). A estrutura inclúe unha ponte levadiza para o acceso á fortaleza. Os restos arqueolóxicos resultan solprendentes porque o foso defensivo está situado cara o interior da vila, dado que o pazo-fortaleza protexíase do exterior pola muralla defensiva de Pontevedra, da que formaba parte. Durante as obras atopáronse tamén 24 bólas bastas de pedra que foron utilizadas no seu día como proxectís de catapulta.

O deseño arquitectónico busca a posta en valor do oco aberto polas escavacións, que se integra no circuíto museístico. O Cita ten como único elemento en superficie un acceso, a modo de boca de metro acristalada, na rúa do Mestre Mateu.

O centro museográfico, está dividido no seu interior en tres partes ben diferenciadas. A entrada ofrécese unha información contextual da Pontevedra medieval e moderna e sobre o propio edificio do pazo-fortaleza. A recepción aos visitantes está apoiada en pantallas táctiles e o enfoque estará moi orientado ao turista e a un público novo, buscando a interactividade. Neste espazo hai na maqueta coa reconstrución do edificio do pazo-fortaleza.

A parte central do CITA está consagrada á observación da escarpa e a contraescarpa e ás características defensivas deste inmoble. Nesta parte móstrase a ponte levadiza e unhas balas pétreas de catapulta, así como as marcas de canteiro e algunhas pezas cerámicas atopadas nas escavacións.

Finalmente, ao fondo exhíbese un audiovisual en tres dimensións, que esta dispoñible en galego, español e inglés e, que conta tamén con versión subtitulada especial para xordos.

O museo inclúe tamén unha maqueta táctil que reconstrúe fisicamente o pazo-fortaleza das Torres Arcebispais (incluíndo tamén rotulación en Braille), cunhas pantallas táctiles que inclúen datos e xogos interactivos concibidos dun xeito pedagóxico e divertido e, finalmente.

O prezo público para o acceso ao novo espazo museográfico será de dous euros para o público en xeral e haberá outro reducido, dun euro, que se aplicará aos maiores de 65 anos, estudantes, menores de entre 8 e 16 anos, grupos familiares a partir de catro membros e desempregados. Finalmente, o acceso será gratuíto para os menos menores de oito anos.

PREZOS
2 euros para o público en xeral.
1 euro para maiores de 65 anos, estudantes, menores de entre 8 e 16 anos, grupos familiares a partir de catro membros e desempregados.
De balde para os nenos menores de 8 anos.

Avenida de Santa María
362002 - Pontevedra
Enviar datos de axenda por SMSEnvíese os datos de axenda por SMS ao seu teléfono móbil ou PDA.
Engadir ao carriño do viaxeiro | Ver o carriño do viaxeiro | Posicionar recurso no mapa | Imprimir | Descargar cartón virtual (vCARD)

Visit Pontevedra