Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Museo Provincial

Tanto pola calidade como pola variedade dos seus fondos O Museo de Pontevedra está considerado como un dos museos provinciais máis importantes de España.

Fundado en 1927 baixo os auspicios da Deputación Provincial presidida por Daniel de la Sota y Valdecilla, un grupo de persoeiros da vida cultural pontevedresa, decidiron reunir as pezas da Sociedade Arqueolóxica e incrementar este legado con novas doazóns e achados.
Actualmente o Museo de Pontevedra tende as súas valiosas pezas artísticas, arqueolóxicas, bibliográficas, etnográficas e moblaxe por seis edificios. O Museo é tamén un destacado centro de investigacións e alberga un arquivo e biblioteca dos máis valiosos de Galicia.
O percorrido polos edificios e salas é unha visita a historia, a arqueoloxía e á arte galega

Edificio Castro Monteagudo

Este pazo urbano de século XVIII é a actual entrada principal ao museo e ten no lado sur un fermosos balcón con grandes canzones.
A planta baixa alberga varias salas dedicadas os fondos arqueolóxicos de prehistoria e historia de Galicia. Destaca especialmente a colección de orfebrería prerromana, ourivería tradicional galega e unha nutrida colección de pratería civil composta por pezas anteriores a 1900 provenientes dos máis diversos lugares.
A primeira planta alberga conxuntos de pezas de ourivaría relixiosa, pinturas de épocas y países distintos: pintura gótica, pintura renacentista, sala de bodegóns (un deles de Zurbarán), Pintura dos países Baixos, pintura italiana, cun bosquexo atribuído a Caravaggio e obras de Lucas Jordán e Tiziano), e dúas salas de pintura española onde poderemos admirar obras como o San Felipe, de José de Ribera, el Españoleto, ou o Cabaleiro de Santiago, de Valdés Leal.

Edificio García Flórez.

Desde o edifico Castro Monteagudo accedemos a este a través dunha escaleira e pasarela de pedra que comunica os dous pazos. O Pazo de García Flórez, de maior tamaño e porte máis nobiliario ca o anterior, foi tamén construído no século XVIII. Na fachada norte ten uns robustos soportais e gran escudo de armas; no lado leste conta cun pequeno xardín onde se expoñen algunhas pezas. As esculturas das cornixas son un engadido posterior.
A primeira planta garda diversa iconografía relacionada con Santiago e coa cidade de Compostela, e diferentes estancias dedicadas a náutica: orixes da mariña, barcos, o despacho do almirante Méndez Núñez e a sala da fragata Numancia).
A planta baixa alberga varias salas con esculturas relixiosas, a sala de mareantes, a capela de San Telmo a cámara da Numancia, exacta reproducción do interior do barco do almirante Méndez Núñez.
A segunda planta atesoura numerosas pezas de cerámica de Sargadelos, cerámica de Pontecesures e vidro de La Granja. Tamén poderemos admirar unha perfecta reprodución dunha cociña tradicional galega, a sala romántica e a sala que alberga os fondos relacionados co escritor, artista plástico e político Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

Edificio Fernández López y Edificio da Rúa Pasantería.

Este sinxelo inmoble de granito con balconadas e soportais levantouse en 1965 nas inmediacións dos dous anteriores e acolle fundamentalmente obras pictóricas dos séculos XIX e XX ( Goya e os seus discípulos, pintura romántica, pintores cataláns, pintores vascos, impresionismo, modernismo, Sorolla, cubismo e vangardas).
Alberga tamén o salón de actos, onde con frecuencia se celebran ciclos de conferencias, cursos, presentacións de libros, concertos, etc.
Unha nova e definitiva ampliación sufrirá o edificio Fernández López na década dos noventa. Coa adquisición do inmoble número 4 da rúa Pasantería, acádase a totalidade do bloque. Concibido como moderna continuación do edificio Fernández López este inmoble foi recentemente restaurado e ampliado seguindo os ditados da arquitectura contemporánea.
Pola súa escaleira chea de luz natural podemos acceder a fantástica biblioteca do museo. Tranquila, cómoda e espazosa, a sala de lectura permítenos comezar a descubrir os enormes fondos bibliográficos que aquí se gardan.

Edificio Sarmiento.

O antigo convento de xesuítas, acaroado a igrexa de San Bartolomeu, foi centro de estudo na época do Padre Sarmiento. É de gran sinxeleza arquitectónica tanto exterior como interior e posúe un austero claustro de soportais pechados.
planta baixa alberga unha colección de olaría tradicional galega con expoñentes das maiores zonas oleiras galegas Gundivós, Niñodaguia, Bonxe, Buño….- e o groso das pezas arqueolóxicas do museo.
O primeiro andar acolle exposicións temporais, arte galega do século XVI ao XX, unha sala dedicada a Pontevedra e outra a Virxe Peregrina e a iconografía relacionada.
O segundo andar ten un espazo destinado a exposicións temporais e varias salas onde se mostran debuxos e gravados galegos, arte galega contemporánea - Maside, Colmeiro, Laxeiro, Manuel Torres…-, azulexos, libros de coro, gramófonos e abundantes pezas relacionadas coa música.

Ruínas de San Domingos.

Estes magníficos vestixios do que foi un dos mellores templos góticos galegos, albergan restos pertencentes ao propio convento e igrexa de San Domingos (capiteis e sepulcros da nobreza medieval) e outras pezas pétreas procedentes de distintos puntos de Galicia (esculturas, laudas gremiais, escudos nobiliarios, capiteis románicos e góticos, fragmentos de baldaquinos…)

Novo Edificio Rúa Serra-Padre Amoedo.

Este novo edificio de grandes dimensións e de carácter vangardista, alberga na planta subterránea restos da muralla de Pontevedra e dunha antiga calzada atopada durante a construción do inmoble.
Ten como obxectivo unha nova redistribución dos fondos expostos nos outros edificios.

- Pontevedra
Enviar datos de axenda por SMSEnvíese os datos de axenda por SMS ao seu teléfono móbil ou PDA.
Engadir ao carriño do viaxeiro | Ver o carriño do viaxeiro | Posicionar recurso no mapa | Imprimir | Descargar cartón virtual (vCARD)

Visit Pontevedra