Museo de Pontevedra: Edificio García Flórez

O pazo García Flórez foi levantado a finais do século XVIII por Antonio García Estevez e a súa esposa Tomasa Suárez Flórez.
É unha gran casa señorial urbana con pórtico de soportais de tres arcos sobre robustas columnas na súa fachada frontal. Conta con dúas portas de decoración no primeiro piso e dous no segundo que dan a senllos balcóns que dobran cara ás fachadas oriental e occidental e que flanquean o grandioso escudo e dous gárgolas nas esquinas.
Para a súa adecuación a Museo as reformas exteriores foron mínimas entre elas a ponte que une o edificio co de Castro Monteagudo e na fachada principal dúas estatuas que representan a Esperanza e a Fortaleza procedentes do antigo pazo de San Román.
No interior a remodelación afectou principalmente á adaptación dos espazos ás necesidades expositivas e en 1946 a colocación de elementos arquitectónicos alleos ao edificio e a instalación da cámara de oficiais da fragata Numancia.
O Edificio García Flórez mostra azabaches, gravados, escultura relixiosa, louza de Sargadelos, o despacho do almirante Méndez Núñez e unha reprodución da cámara da fragata Numancia, así como dunha cociña tradicional galega.

Pasantería, esquina Sarmiento
36002 - Pontevedra
Teléfono: 986 851 455
36002 - Pontevedra
Teléfono: 986 851 455






































