Museo de Pontevedra: Edificio Castro Monteagudo


Tras a fundación do Museo en 1927 elixiuse como sede este pequeno pazo do século XVIII situado na praza da Leña. Datado en 1760 é a actual entrada principal ao museo e ten no lado sur un fermoso balcón suxeito con grandes canzones.
Antes de ser adquirido tivo diversos destinos como casa de comidas, escola unitaria, ou baixo comercial. Nas obras de restauración do inmoble influíu Daniel Rodríguez Castelao, patrón fundador, que realiza varios debuxos con ideas sobre as reformas, ideas que na maioría dos casos tivéronse en conta. O primitivo pazo sería obxecto dunha nova remodelación da súa fachada norte tras a apertura do edificio García Flórez para o museo en 1943 e a consecuente construción da ponte que comunicaría ambos os edificios.
O Edificio Castro Monteagudo alberga as coleccións de arqueoloxía, ourivaría prerromana e romana, ourivaría popular e civil (colección Fernández da Moura) e pintura española, italiana e flamenca dos s. XV ao XVIII.

Pasantería, 12
36002 - Pontevedra
Teléfono: 986 851 455
Enviar datos de axenda por SMSEnvíese os datos de axenda por SMS ao seu teléfono móbil ou PDA.
Engadir ao carriño do viaxeiro | Ver o carriño do viaxeiro | Posicionar recurso no mapa | Imprimir | Ver en PDF | Descargar cartón virtual (vCARD)