Museo de Pontevedra: Ruínas de San Domingos (s. XIV-XV)

Os dominicos chegaron a Pontevedra a finais do S. XII e comezaron a construción dese templo gótico no século XIII. No Século XVIII intentaron unha reconstrución do estilo neoclásico, pero quedo sen concluír, como tamén quedou sen concluír o derrubamento da ábsida gótica da primeira igrexa. Consérvase a cabeceira da igrexa con cinco ábsidas poligonais e un muro lateral cunha pequena portada e rosetón.
Hoxe forma parte do conxunto Museo de Pontevedra e no seu interior pódense admirar elementos de alto valor artístico e histórico como sarcófagos, escudos de armas ou sepulturas de personaxes como o cabaleiro Tristán de Montenegro.

Montero Ríos, 1
36001 - Pontevedra
Teléfono: 986 851 455
36001 - Pontevedra
Teléfono: 986 851 455


















































