Praza Cinco Rúas

Nesta praza destaca o cruceiro barroco (1773), fermoso exemplo da arte popular galega. Ademais de ter as clásicas esculturas de Jesús e a Virxe María está tamén adornado no seu fuste con imaxes de santos. Castelao inmortalizouno na súa obra "As cruces de pedra na Galiza"
Nas inmediacións de cruceiro poderemos ver a casa onde residiu Valle-Inclán en diferentes momentos da súa vida.



































