Praza da Leña


Recibe o nome do producto que nela se vendía para as antigas cociñas. É unha das estampas máis típicas de Pontevedra co cruceiro no centro e os pequenos pazos que acollen o museo.
De carácter regular atópase rodeada de casas típicas do centro histórico. Destacan nun lateral os edificios do Museo Provincial: primeiro o de Fernández López, logo o de Castro Monteagudo e unido a este por unha graciosa ponte o de García Flórez. Estes dous últimos unha boa mostra dos pazos urbanos do século XVIII. Tanto a praza como as rúas adxacentes son lugares significativos de tapas, viños e comidas.

Praza da Leña
36002 - Pontevedra
Enviar datos de axenda por SMSEnvíese os datos de axenda por SMS ao seu teléfono móbil ou PDA.
Engadir ao carriño do viaxeiro | Ver o carriño do viaxeiro | Posicionar recurso no mapa | Imprimir | Ver en PDF | Descargar cartón virtual (vCARD)