Campiño de Santa María


Ata mediados do século XIX a na zona hoxe coñecida como "Campiño de Santa María" albergaba un conxunto medieval, presidido pola torre de Tristán de Montenegro. A antiga muralla que rodeaba a cidade, da que aínda hoxe pervive un tramo nas proximidades, pasaba tamén por aquí pero como limitaba o crecemento da cidade as autoridades municipais acordaron derrubar a muralla e os elementos anexos.
Este conxunto da vila medieval volveu ver a luz moi recentemente ao actuar sobre a escalinata da basílica. Ao iniciarse as escavacións comezaron á descubrirse un conxunto de edificacións entre as que destaca a torre de Tristán e un importante tramo da muralla, ademais dun camiño pavimentado con cantos rodados e outras construcións medievais.
Actualmente o Concello esta rehabilitando esta zona, na que se asentará o Museo Aberto do Campiño de Santa María, e un centro de interpretación, o Centro de Interpretación das Torres Arzobispales.

36002 - Pontevedra
Enviar datos de axenda por SMSEnvíese os datos de axenda por SMS ao seu teléfono móbil ou PDA.
Engadir ao carriño do viaxeiro | Ver o carriño do viaxeiro | Posicionar recurso no mapa | Imprimir | Ver en PDF | Descargar cartón virtual (vCARD)