Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Pontevedra acolle Ferpalia 2009.




O Recinto Feiral de Pontevedra acollerá do 30 de setembro ao 2 de outubro o Salón de Turismo de Galicia, Ferpalia 2009, que presenta este ano un especial dedicado aos Camiños de Santiago.

Ferpalia, Salón do Turismo de Galicia, é o próximo congreso que chegará ao recinto feiral de Pontevedra unha vez concluído o certame de moda Pontus Veteris. Ferpalia celebrarase do 30 de setembro ao 2 de outubro e presentará este ano o especial Camiños de Santiago convertendo a Pontevedra nun referente da nova política municipal de Turismo de Congresos.
FERPALIA naceu fai 17 anos non como unha feira de turismo máis, senón como un novo concepto feiral, orientado principalmente aos profesionais do sector. O certame promociona cada ano un produto turístico diferente en torno ao que se organizan todas as actividades da Feira.
Nesta edición, de face ao próximo Xacobeo 2010, o especial “Camiños de Santiago” mostra aos Tour Operadores presentes na Bolsa de Contratación o amplo abanico de posibilidades que ofrece o Camiño de Santiago. A súa finalidade é pór en contacto a oferta xacobea coa demanda nacional que vende o Camiño como destino turístico e apoiar o Plan de Dinamización Socieconómica das seis rutas xacobea: O Camiño Francés, do Norte, o Portugués, a Vía da Prata, o Inglés e o Primitivo.
Pontevedra terá tamén unha especial presenza na súa condición de capital unida ao mundo xacobeo a través do Camiño Portugués sendo múltiples os testemuños do paso pola vila das principais vía da costa que ascendían desde Bracara Augusta, o antigo Camiño Portugues. A capela da Peregrina, a de Santiaguiño do Burgo, o Hospital de San Xoán de Deus ou os relatos das peregrinacións marcan de forma inconfundible o carácter xacobeo da cidade e a súa condición de capital do Camiño Portugués a Santiago.
Neste sentido a Concellaría de Turismo de Pontevedra presentará na feira un stand propio dotado de varias pantallas nas que se proxectarán imaxes da cidade colgadas actualmente da web de Turismo en Pontevedra.

Pontevedra acolle Ferpalia 2009.
Visit Pontevedra