Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Pontemarisco 2009




Pontevedra estrea o xoves Pontemarisco 2009,a primeira Feira do marisco de Pontevedra promovida polas concellarías de Promoción Económica e Turismo do Concello.

A praza do Teucro acollerá desde o xoves 17 de setembro ata o domingo 20 Pontemarisco 2009, a primeira Feira do marisco de Pontevedra promovida polas concellarías de Promoción Económica e Turismo do Concello.
A mostra gastronómica tamén ten como obxectivo a promoción e exaltación da riqueza culinaria dun produto tan ligado á idiosincrasia de Galicia como é o marisco, ademais de enmarcarse nas actividades de revitalización do centro histórico.
Durante esas xornadas poderanse degustar, a prezos moi populares suculentos manxares co mellor das nosas rías. En total, 24 pratos, elaborando as receitas tradicionais galegas e regados por viños albariños e mencías. Poderanse degustar mexillóns, berberechos, percebes, ostras, lagostinos, camaróns, navallas, zamburiñas, vieiras, ameixas, nécoras e polbo aparte de empanadas típicas.
A Feira abrirase ao público na praza do Teucro o xoves, ás 13.30 horas e pechará as portas o domingo ás 24.00 horas. A carpa onde se poderán degustar ata 24 pratos distintos feitos con todo tipo de marisco estará aberta de 13.30 ata as 16.00 horas e de 19.30 a 00.00 horas.
A Feira complementarase cunha exposición de pintura e de acuarelas co obxectivo de combinar o aspecto gastronómico co cultural.

25/11/2010

Visit Pontevedra