Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Feira Franca 2009




Como xa é tradición, o primeiro fin de semana de setembro, Pontevedra regresa ao Medievo coa celebración da Feira Franca.

Artesáns, produtos tradicionais, historia, gastronomía, vestidos de época e este ano sobre todo a lírica encherán o casco histórico de Pontevedra, un dos máis fermosos e mellor conservados de Galicia.
Con esta celebración a cidade rememora un dos períodos de maior puxanza e prosperidade da súa historia: o tempo que vai desde o último terzo do século XV ata as décadas finais do XVI.
A festa baséase na recreación do mercado aberto que comezou a celebrarse en Pontevedra a partir de 1467, en virtude do privilexio concedido polo rei Enrique IV. Orixinariamente a súa duración era dun mes, quince días antes e quince días despois do 24 de agosto que coincidía coa festividade de San Bartolomeu.
A gastronomía, a variada oferta do mercado, o ambiente lúdico das rúas, as actividades de base histórica - como as demostracións de oficios - os espectáculos de música, teatro e animación e o colorido dos traxes de época son os principais ingredientes dunha festa que se caracteriza por unha elevada participación cidadá.
Desde a súa creación a Feira Franca calou moi fondo na cidadanía e converteuse nun dos eventos festivos máis importantes de cantos se celebran ao longo do ano.

04/02/2010

Visit Pontevedra