Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Cunca e nécora Expertxs, outro xeito de coñecer a cidade

O programa da nova edición inclúe seis xincanas en outubro e o roteiro "O galeguismo en Pontevedra"





Un xeito distinto de coñecer a cidade. Chega Cunca e nécora Expertxs, a iniciativa que promove a Concellería de Promoción Económica e da Cidade, que dirixe Anabel Guías, en colaboración con Turiña Pontevedra coa historia, o patrimonio e a gastronomía como fío condutor.

Cunca e nécora Expertxs desenvolverase ao longo do mes de outubro e nesta ocasión as xincanas substituirán ás visitas guiadas máis tradicionais. Esta nova edición inclúe tamén o roteiro "O galeguismo en Pontevedra".

Serán seis xincanas sobre a historia da Boa Vila, nas que as "estacións de repostaxe" serán tres locais con encanto nos que os participantes renderanse á gastronomía galega (viño e pincho).

As persoas interesadas en participar teñen que inscribirse a través do enderezo electrónico turinapontevedra@gmail.com, unha vez confirmada a praza terán que abonar 10 euros de cota na Casa da Luz, onde se lles será entregado un ticket.

Hai quendas de mediodía e de noitiñas. As citas de 12.00 a 14.00 horas será os días 6, 13 e 20 de outubro. As citas das 20.30 ás 22.30 horas serán os días 5, 12 e 19 de outubro.

O roteiro "O galeguismo en Pontevedra" desenvolverase o sábado 20 de outubro, ás 20.30 horas

Visit Pontevedra