Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Pontevédrate en familia, unha aposta polas actividades de turismo familiar do Concello de Pontevedra

"O Tesouro de Pirata", unha xincana familiar  e os "Minipaseos" son dúas propostas para os máis pequenos descubran e gocen da cidade con xogos e rutas ocupando rúas e prazas sen perigo.





O término "Pontevédrate" ven sendo utilizado polo Concello de Pontevedra en todos os temas referidos ao turismo como unha maneira de sentir e vivir a nosa cidade. Por iso consideramos que é unha boa idea "invitar" a todos e a todas, coñecedores ou non da cidade, a que a descubran e a gocen en familia.

Nace Pontevédrate en familia, a proposta da Concellería de Promoción da Cidade para que os nenos e nenas de fóra e de aquí descubran e gocen da cidade con xogos, roteiros e a posibilidade de ocupar as rúas e prazas sen perigo.

Unha das respostas máis común nas enquisas de satisfacción turística da xente que visita Pontevedra é que "sentímonos como na casa", explica a concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías. Agora o Concello vai un paso máis alá e aprovéitase de que somos "a cidade dos nenos e nenas" para por en marcha "Pontevédrete en Familia", un produto turístico atractivo para os máis pequenos, entretido para os maiores e deseñado e feito por pontevedreses.

 

Actividades de Turismo familiar

Xincana. A procura do tesouro

A xincana para nenos e nenas é un produto turístico do Concello de Pontevedra que consta de oito vídeos de animación en oito puntos de interese turístico e cultural da cidade de Pontevedra.

A xincana é unha especie de procura do tesouro para nenos e nenas onde catro personaxes moi especiais - Uxía, Brais, a cadela Ponte e o pirata Benito- lles plantexarán aos cativos e os seus pais un xogo por etapas divertido e ameno onde poderan coñecer a cidade de Pontevedra dunha forma diferente.

 

  • Guión e Dirección Rodrigo Cota
  • Ilustracións :Tania Solla
  • Animacións: Jose Aragunde
  • Música: Sergio Meis
  • Fondos: ECA
  • Produción: Fernando Portela
  • Inscrición: turinapontevedra@gmail.com

Realizarase unha visita guiada gratuíta para dar a coñecer a xincana o día 7 de setembro con saída ás 18.30 h

 

MiniPaseos

 

"MiniPaseos" é un roteiro de 90 min de duración, pensado para público familiar e que ten como obxectivo o coñecemento da nosa vila a través do teatro, os disfraces e mesmo a música.

As rúas de Pontevedra agochan moitos tesouros en forma de historias, personaxes e anécdotas, por iso é unha visita apropiada tanto para nenos e nenas de fóra da nosa cidade, como para nenos e nenas pontevedreses.

  • Saídas. 5,12 e 14 de setembro
  • Punto de encontro. Praza da Peregrina ás 18.30 h
  • Prezo: Adultos: 4€ Nenos: 2€ (o pago realizarase ao comezo da visita). Todos os menores de idade deberán ir baixo a supervisión dun adulto.
  • Grupo máximo: 20 persoas
  • Inscrición: turinapontevedra@gmail.com
Visit Pontevedra