Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Pasa unha noite en Pontevedra




Co lema "Pasa unha noite en Pontevedra e saberás o que é o amor eterno" ,Turismo de Pontevedra inicia unha campaña para atraer visitantes do resto de Galicia e Portugal.

A campaña vaise a centrar especificamente no público galego e do norte de Portugal, un enfoque derivado dos datos difundidos pola Secretaría Xeral de Turismo do Goberno de España que vaticina unha caída nos índices de ocupación e moi especialmente nos turistas estranxeiros.

Por primeira vez apostarase polas traseiras do autobuses e a publicidade figurará en vehículos de transporte urbano que percorren a diario boa parte das cidades galegas. Tamén será utilizado o soporte clásico do mobiliario urbano en Santiago, Ourense e Lugo. Castela manifestou que Ourense e Lugo son as dúas grandes cidades do interior e os seus habitantes son o público ao que Pontevedra, como capital das Rías Baixas pode tentar.

Finalmente, co obxectivo de chegar ao maior número de xente imprimiranse folletos que se van a distribuír por todos os puntos de información turística de Galicia e do norte de Portugal. Castela destacou que a campaña supón un esforzo económico para a súa Concellaría, pero que vale a pena facelo se isto tradúcese na mellora dos índices de ocupación dos hoteis da cidade.

Pola súa banda Ismael Calvo, responsable da empresa de Publicidade, destacou que a campaña está baseada na constatación de que Pontevedra é unha cidade que sorprende a aqueles que se achegan por primeira vez e por iso trabállase cun concepto que anima aos visitantes a quedar e descubrir máis cousas da cidade.
Visit Pontevedra