Quince expositores estarán no Paseo Odriozola desde o dia 16 de Xullo ata o próximo día 4 de agosto na VIII Feira de Artesanía Chalana, unha das feiras de artesanía máis rendibles de Galicia.
Nesta oitava edición da Feira de Artesanía Chalana de Pontevedra nas casetas da feira podemos atopar traballos de cerámica, orfebrería, juguetería ou esmaltes. Son obras singulares de quince expositores, dos cales o 80% son galegos e a metade deles de Pontevedra.
A relación de expositores amplíase este ano coa presenza dun taller de fabricación de xabóns artesanaiss, unha artesana de Valencia que elabora roupa de algodón e outra de Asturias que ofrece diferentes produtos naturais e reciclados, segundo sinalou Salvador Vázquez, que comparecía coa concejala de Feiras, Anabel Gulías, para presentar a feira.
A concelleira Anabel Gulías sinalo a importancia da artesanía. "Son obras creativas", recordou, especiais, manufacturadas " que non poden atoparse habitualmente" nos grandes espazos comerciais.
O horarios será de 11.00 a 14.00 horas e de 19.00 a 23.00 horas coa posibilidade de ampliar esta franxa dependendo das actividades que se desenvolvan na praza da Ferrería.
A edición de 2014 de "A Chalana" recibiu a máis de 100.00 persoas e a facturación media, segundo a organización, rolda os 6.000 euros por posto de venda.
Turismo de Pontevedra SA. Casa da Luz, Praza da Verdura s/n 36002 - Pontevedra.
+34 986 090 890. info@visit-pontevedra.com