Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Comeza a XXVI Edición do Memorial Ricardo Portela

Consolidada xa como a grande cita anual co mellor da música tradicional galega, o Memorial Ricardo Portela chega este ano a súa dezaseis edición, na que se renderá homenaxe a Manuel Viqueira, o benquerido Gaiteiro de Vilaverde.




Cartel delMemorial Ricardo Portela 2015. Foto del gaiteiro Manuel Viqueira

Consolidada xa como a grande cita anual co mellor da música tradicional galega, o Memorial Ricardo Portela chega este ano a súa dezaseis edición, na que se renderá homenaxe a Manuel Viqueira, o benquerido Gaiteiro de Vilaverde que finou o pasado febreiro aos 85 anos de idade.

 

Nado en Ordes en 1929 Viqueira, foi fundador e "alma mater" do cuarteto "Os Viqueiras" no que con el estaban os seus fillos Manolo, Paco e Fernando. Foi autodidacta e os que o coñeceron falan dun home bo, amábel e xeneroso. Deixa un importante legado musical, un estilo propio de tocar pechado e un amplísimo repertorio que fan del un referente e que ben seguro manterán vivo os seus e todos os amantes da música e a cultura galega.

O Memorial Ricardo Portela celebrarase os días 10 e 11 de xullo e incluirá a Mostra de Artesáns de Instrumentos Tradicionais, que se poderá ver na mesma Ferrería. Distintos pasarrúas e actuacións de grupos galegos completarán o programa.. O Concello de Pontevedra celebra o Memorial Ricardo Portela, para honrar ao Gaiteiro de Viascón , músico e firme defensor da dignidade da gaita e para recoñecer o labor dos gaiteiros tradicionais e reivindicar a súa importancia na cultura de Galiza.

 

PROGRAMA DA XXVI EDICIÓN DO MEMORIAL RICARDO PORTELA

 

Venres 10 de xullo

  • De 17 a 21.30 h XIII Mostra de Artesáns de Instrumentos Tradicionais na Praza da Ferraría
  • 20.00 h. Pasarrúas de Picuíña, nas prazas e rúas da cidade
  • 21 h Actuación de Xistra de Coruxo. Praza da Ferraría

 

Sábado 11 de xullo

  • De 11.30 a 14 h e de 17 a 21.30 h XIII Mostra de Artesáns de Instrumentos Tradicionais, na Praza da Ferraría
  • 12 h Pasarrúas do grupo Contracocheno nas rúas e prazas da cidade
  • 19.30 h Pasarrúas dos grupos Gomes Mouro e Berros do Castro, nas prazas e rúas da cidade
  • 21 h Homenaxe a Manuel Viqueira na Praza da Ferraría
  • 21.15 h Actuación do Coro Novo Aires da Terra, na Praza da Ferraría
Visit Pontevedra