A organización da Feira anima a todos os axentes culturais a que reserven o seu espazo nalgunha das áreas da feira con descontos aos expositores que se inscriban antes do 31 de agosto.
Desde o martes 16 de xuño xa é posible reservar espazo no Culturgal 2015 que se vai celebrar os días 4, 5 e 6 de decembro. Culturgal mellora a súa relación cós expositores que agora poden escoller a súa situación na Feira mediante un plano da superficie feiral e unha listaxe de disponiblidade de actualización periódica que indicará os espazos reservados e os aínda libres.
A organización da Feira anima a todos os axentes culturais do país a que reserven o seu espazo nalgunha das áreas da feira: audiovisual e tecnoloxía, libro, música, artes escénicas e infantil.
No Culturgal 2015 o prazo para solicitar stand prolóngase até o 31 de outubro, e os expositores que reserven antes do 31 de agosto terán un desconto no prezo. Tamén haberá descontos para as empresas asociadas de Culturgal.
Os expositores poden optar por stands xa deseñados ou polos stands de deseño libre, e contan ademais con vantaxes adicionais como actividades profesionais e gozar de prioridade á hora de propoñer presentacións de proxectos ou produtos na programación oficial.
Compre salientar que na pasada edición Culturgal recibiu a máis de quince mil visitantes durante os tres días de apertura.
Os seguintes documentos pódense consultar e descargar en varios formatos.
Descargar en formato .DOC
Turismo de Pontevedra SA. Casa da Luz, Praza da Verdura s/n 36002 - Pontevedra.
+34 986 090 890. info@visit-pontevedra.com