Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

As visitas á rede de información turística municipal incrementáronse un 3% durante o mes de maio

Carlota Román destaca o incremento dos visitantes internacionais, efecto que se explica polo Congreso de Proteínas Vexetais





O mes de maio deixou bos datos turísticos en Pontevedra. Así o afirmou a concelleira de Turismo, Carlota Román, quen destacou que a rede turística municipal atendeu a 3.134 visitantes nos tres puntos de información dos que dispón a cidade. A cifra supón unha suba do 3,4% ao respecto do ano pasado. Foi especialmente  significativa no turismo internacional 15,44%, mentres que o nacional rexistrou unha pequena baixa do 1,53%.


Non obstante, en cifras absolutas segue o predominio do turismo interior, que achega o 2.110 visitantes, o que supón o 67% do total dos que chegan a Pontevedra. Aínda así é moi remarcable o incremento nos visitantes internacionais,  que foron 1.024 (preto do 33%), bastantes máis dos 887 do mesmo período do ano pasado.

 

Para explicar os bos datos do mes de maio, a concelleira Carlota Román, remóntase á ponte do 1 de maio, pero tamén ao Congreso de Proteínas Vexetais, que chegou á cidade da man da Misión Biolóxica e o Consello Superior de Investigacións Científicas, traendo un bo número de visitantes estranxeiros, especialmente de nacionalidade británica. A propia Concellería organizou unha recepción a este colectivo.

 

Carlota Román matiza que a presenza de turistas do Reino Unido en Pontevedra en maio, xa é unha característica deste mes. Non obstante, non é habitual que o seu peso na estatística de estranxeiros chegue ao 13%. Entre o colectivo de estranxeiros destacaron tamén os portugueses (15%) e arxentinos (11%).

 

En canto ao turismo nacional, os madrileños seguen á cabeza (17%), seguidos dos cataláns (16), xunto con andaluces e galegos (10% ambos). Unha vez máis, a organización de eventos deportivos (fase de ascenso do Cisne, campionato ibérico de Orientación e Campionato de España de Piragüismo Maratón) tivo os seus efectos.

 

O hotel foi o aloxamento preferido (84%), seguido dos albergues (8%). O lugar de pernoita foi maioritariamente Pontevedra (case o 26%), aínda que durante o mes de maio notouse unha importante presencia de visitantes que durmían na zona Norte da provincia (19%), seguidos dos que facían noite en Sanxenxo (15%) e Santiago de Compostela (14%).

 

O 51% dos visitantes tiveron máis de 60 anos, o que demostra o peso que, durante o mes, tiveron as excursións de grupos organizados. O 48% chegaron a Pontevedra en coche.

 

Outro dato significativo foi que o 94% dos visitantes non coñecía a cidade de Pontevedra, pero amosouse encantado co Centro Histórico e non descartou repetir. A información demandada aos informadores turísticos da Casa da Luz, praza de España e Vialia foi variada, pero destaca a relativa á cidade nos capítulos de gastronomía e lecer, así como a bisbarras do noso entorno como Santiago, O Salnés, O Morrazo e o Sur da provincia.
 

Visit Pontevedra