Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Éxito da Festa da Cervexa Artesá “Pontus Lupulus”

O certame, organizado pola Concellería de Promoción Económica, pechou con máis de 2.500 litros vendidos





A primeira edición da feira "Pontus Lupulus", que se celebrou durante esta fin de semana na Alameda de Pontevedra, pechou as portas superando todas as expectativas.  Os 10 cervexeiros participantes acadaron unhas vendas que superaron os 2.500 litros e víronse obrigados a repoñer existencias a media tarde do sábado.

 

A concelleira e impulsora do evento, Carlota Román, subliñou o acerto desta aposta para encher unha fin de semana e atraer público á cidade. Todo o mundo puido ver que mesmo o venres pola tarde-noite, a pesar do mal tempo, había bastante xente debaixo da carpa. A asistencia, engadiu Román, foi masiva durante todo o sábado e, finalmente, houbo tamén bo ambiente no domingo. En total, a Concellería estima que a feira recibiu entre 7.000 e 8.000 visitas.

 

A xuízo da concelleira de Promoción Económica e Turismo gran parte do éxito estivo nos postos de comida cos que se podía acompañar a bebida, que ofreceron produtos de moita calidade. Ao tempo, considera que foi un acerto a programación complementaria con obradoiros de cociña, pan e cervexa, así como a música en directo.

 

O departamento municipal fixo un esforzo para que a montaxe estivese á altura do que se pretendía. A elección do vestíbulo da Alameda e a instalación de stands propios e unha carpa de degustación fixeron o resto.

 

Pero, sen dúbida, subliñou Román, foi a calidade das cervexas artesás galegas o principal aliciente para atraer ao público. Ata o punto que, segundo datos recollidos pola Concellería, esta feira da cervexa é unha das máis exitosas das que se teñen celebrado Galicia. Tan só a edición do ano pasado en Lugo moveuse en parámetros similares.

Visit Pontevedra