Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

A feira da cervexa artesá galega enche de ambiente a fin de semana pontevedresa

A Concellería de Promoción Económica organiza "Pontus Lupulus"





A cervexa artesá galega é a protagonista da feira "Pontus Lupulus", que se celebra no "vestíbulo" da Alameda de Pontevedra ata o domingo, 10 de maio. Un total de 10 produtores están presentes nesta primeira edición, que chega coa organización da Concellería de Promoción Económica e Turismo.

 

A concelleira Carlota Román inaugurou hoxe esta primeira edición dun evento que parece comezar cun éxito garantido. A calidade da montaxe, a base de casetas de madeira, a colocación dunha carpa sobre as mesas de degustación e a presenza de postos de comida outórganlle un aliciente engadido.

 

O público poderá gozar tamén dunha oferta gastronómica a cargo das firmas As Galeguesas (hamburguesas), Ecogloria, A Tenda dá Gata, Secreto Galaico e Aperta de Illas Cíes. "Pontus Lupulus" ofrecerá tamén dous showcookings (ás 12,30 horas de sábado e domingo) de pratos cociñados con cervexa. O sábado hai un obradoiro de elaboración de cervexa e o domingo outro de pan, ambos ás 17.30 horas. Finalmente, ofrécense concertos e actividades musicais.

 

Os prezos partirán de dous euros a caña e irán oscilando en función do custo de produción de cada variedade, especialmente, na cervexa embotellada.

 

Carlota Román subliñou que o fío condutor de todas as actuacións da Concellería é a aposta polos emprendedores e a busca de novos nichos de negocio. Os cervexeiros artesáns galegos encaixan perfectamente neste perfil. Son xente nova que busca o seu futuro e pon paixón no traballo. A concelleira destacou tamén a aposta polo produto local e a calidade que supón a cervexa artesá. A calidade do produto é fundamental para crear imaxe turística e gastronómica. Neste senso, apuntou que a gastronomía é unha das principais razóns que teñen os turistas para vir a Galicia.

 

Os cervexeiros presentes son: Faxilda (Vilaboa), Meiga (Poio), Saramagal (Barro), Galponbier (Vilanova de Arousa), Menduíña (Cangas), Suevia (Vilagarcía de Arousa), Nos (Mos), Keltius (Ourense), Áncora (Ourense) e Santo Cristo (Ourense).

Visit Pontevedra