Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

As visitas á rede de información turística municipal incrementáronse un 25% durante o mes de abril

Carlota Román destaca o incremento dos visitantes internacionais, que dobraron a súa presenza con respecto o ano anterior





O mes de abril deixou bos datos turísticos en Pontevedra. Así o afirmou a concelleira de Turismo, Carlota Román, quen destacou que a rede turística municipal atendeu a 2.407 visitantes nos tres puntos de información dos que dispón a cidade. A cifra supón unha suba do 25% ao respecto do ano pasado. A suba foi especialmente  significativa no turismo internacional (106%), mentres que foi máis modesta no nacional (8%).

 

Non obstante, en cifras absolutas segue o predominio do turismo interior, que achega o 1.741 visitantes, o que supón o 72% do total dos que chegan a Pontevedra. Aínda así é moi remarcable o incremento nos visitantes internacionais,  que foron 666, bastantes máis dos 323 do mesmo período do ano pasado.

 

Para explicar os bos datos do mes de abril, a concelleira Carlota Román, remóntase á Semana Santa, que achegou xa moi bos datos, pero tamén á programación deportiva impulsada pola Concellería de Deportes. Dous eventos tiveron un tirón moi real e que acabaron contribuíndo a incrementar as  estatísticas. O Open de España de Taekwondo, evento de carácter internacional que trouxo á cidade máis de 2.000 deportistas, e o 4 Picos Bike&Trail, no que participaron outras 1.400 persoas. Os dous eventos, especialmente o primeiro, tiveron gran repercusión hoteleira.

 

Entre os visitantes estranxeiros predominaron os portugueses, co 58% do total, pero, desta volta, a listaxe de procedencias inclúe numerosos países de procedencia,  con predominio de Europa, pero tamén de Estados Unidos, que achegou case un 5% dos turistas. Entre os españois, como é habitual, destacaron os madrileños.

 

Outro bo dato foi a porcentaxe de visitantes que dixeron aloxarse en hoteis da cidade. Chegou ao 42%, o que reforza o dato da plena ocupación durante o Open de Taekwondo e de varios hoteis completos durante a proba de bicicleta todo terreo. Tamén hai elementos significativos nos rangos de idade dos turistas, pois aínda que o predominio foi entre os maiores de 60 anos, co 32%, os grupos de ata 30 e 45 anos estiveron en torno ao 25% do total.

 

Outro dato significativo foi que o 94% dos visitantes non coñecía a cidade de Pontevedra, pero amosouse encantado co Centro Histórico e non descartou repetir. A información demandada aos informadores turísticos da Casa da Luz, praza de España e Vialia foi variada, pero destaca a relativa á cidade nos capítulos de gastronomía e lecer, así como a bisbarras do noso entorno como o Salnés, Morrazo e o Sur da provincia.

Visit Pontevedra