Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

A Concellería de Turismo impulsa a promoción da Festa do Caldo de Mourente a través dun encontro con profesionais da gastronomía e da Internet

Carlota Román proponse incrementar o coñecemento da única feira gastronómica dedicada ao prato estandarte da gastronomía galega





Poñer en contacto á asociación de veciños O Castro cun grupo de profesionais da gastronomía a través da Internet e as Redes Sociais foi a razón do encontro celebrado hoxe no local social dos Areás (Mourente) co caldo de Mourente como protagonista.

 

O principal obxectivo é difundir e prestixiar a Festa do Caldo de Mourente. No acto participaron Fidel Martín (blogueiro: "Instinto Humano"), Roberto Pérez Marijuán (consultor e formador experto en Neuromárketing), Juan José Romero (colaborador de medios especializados e colaborador da Incuvi da Uvigo), Miguel Ángel Novoa (director de Onda Cero e director da Guía de Turismo), Óscar de Toro (experto barista e colaborador de diversas marcas), Rubén Amorín (blogueiro "Se nos va la olla" e "Ni mata ni engorda"), María Posada (directora de Posada Marron Glacé, a empresa ourensana que xa enlatou o caldo de Mourente) e Kike García (responsable da revista La Alacena Roja). Tamén asistiron, por parte da Escola de Hostalería Carlos Oroza, a vicedirectora, Pilar Tallón e a técnica de Turismo, Tina Otero.

 

Carlota Román subliñou o traballo impagable que fai a asociación de veciños O Castro, encabezada por Santiago Laya, e recalcou a necesidade de promocionar a única festa gastronómica que existe en toda Galicia dedicada a un produto tan senlleiro como é o caldo galego. Nestes días estase a tramitar, destacou Carlota Román, a súa declaración como Festa Turística de Interese Galego.

Visit Pontevedra