Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

A Festa do Caldo aspira a acadar a declaración de Festa de Interese Turístico Galego

A Concellería impulsou o expediente na véspera da sinatura do convenio de financiamento do certame gastronómico





A Festa do Caldo de Mourente chegará o próximo ano á 25ª edición. E podería facelo co título de Festa de Interese Turístico Galego se dá froitos á solicitude que está a piques de ser presentada diante da Axencia Galega de Turismo da Xunta de Galicia.

O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores; a concelleira de Turismo, Carlota Román, e o presidente da asociación de veciños O Castro, Santiago Laya, asinaron hoxe o convenio de financiamento desta actividade, á que o Concello achega 9.000 euros anuais.

Carlota Román revelou que a Concellería de Turismo xa emitiu o informe obrigado e presentou toda a documentación. A semana próxima será entregada pola propia asociación diante do órgano autonómico.

A Festa do Caldo de Mourente, que reúne a milleiros de persoas o segundo domingo do mes de marzo, serve unhas 6.000 racións por edición, o que significa un importante esforzo que só é posible gracias ao esforzo desinteresado dos veciños e ao apoio económico municipal, tal e como destacou o alcalde.

Carlota Román subliñou que a gastronomía é unha das principais argumentos turísticos da cidade e subliñou que este certame é unha convocatoria gastronómica única en Galicia. E sen esquecer a aposta pola calidade.

O alcalde tamén lembrou que a cita enxalza un produto típico de Galicia. Ademais, desexou que chegue a bo porto o intento por comercializar este produto en formato enlatado "porque iso faría posible gozar dun caldo galego en Sydney" e revelou que seguen os contactos coa empresa interesada.

Santiago Laya explicou o traballo de preparación que supón manexar centos de quilos de produto e controlar moitas horas de cocción. O resultado final é un produto que se vende a prezos case simbólicos gracias ao apoio municipal. E porque, subliñou, non se busca a rendibilidade económica.

Visit Pontevedra