Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Un vídeo que vincula los paisajes de Pontevedra con fitos do cine universal gaña o concurso do Congreso Audiovisual

Carlota Román destaca a orixinalidade da proposta, que servirá como material promocional da oficina "Pontevedra Film Commission"





Unha peza que relaciona as paisaxes de Pontevedra con referencias ao cine universal e aos diferentes xéneros cinematográficos servirá para promocionar a oficina "Pontevedra Film Commission", destinada a atraer a rodaxe de todo tipo de producións audiovisuais á cidade. O traballo é obra do equipo formado por Guillermo Pío, Eloy Táboas e Cristóbal Arteaga.

 

O fallo do xurado, presidido pola concelleira de Turismo, Carlota Román, puxo punto e final ao congreso audiovisual "Pontevedra... e acción!", que se celebrou durante os dous últimos días. O director Pablo Cacheda e o actor Manuel Lozano, tomaron tamén parte no xurado cualificador, que non tivo dúbidas para elixir a proposta gañadora, premiada con 2.000 euros.

 

O concurso de vídeo foi o colofón a un congreso pioneiro e nacido para complementar o traballo diario desta oficina da Concellería de Turismo. Os realizadores tiveron pouco tempo, pois as imaxes graváronse durante a tarde de onte. Dos once participantes, finalmente, só seis atinaron a presentar a súa visión para promocionar a Film Commission pontevedresa.

 

O xurado destacou a calidade dos traballos. Había, cando menos, dous moi bos e que estaban pensados con anterioridade, o que é moi de valorar, subliñou Pablo Cacheda , quen tamén destacou a variedade das distintas alternativas. Manuel Lozano puxo a énfase na orixinalidade da idea gañadora, que parte dunha intención de xerar dúbidas no espectador, suxerindo pistas cinematográficas e unha resolución final.

 

Carlota Román destacou o esforzo de organización deste congreso dende a propia Concellería de Turismo. E agradeceu a imaxinación e vontade dos participantes no concurso de vídeo. Tivemos a idea de abrilo con forma de concurso, para dar oportunidades aos realizadores novos, e estamos moi satisfeitos do resultado.

 

A última xornada do Congreso incluíu tamén unha mesa redonda, sobre "Novas correntes de cine". Baixo a coordinación do crítico e especialista Ramón Rozas tocou debater ao director e guionista de Fame, Anxos Fazáns; á actriz, Uxía Blanco; á guionista  de "Clases de lo social",  Diana López,e ao actor, Manuel Lozano.

 

Rematou así este congreso no que participaron tamén Enma Torres (decana da facultade de Ciencias Sociais), Daniel Macenlle (xefe da Policía Local), Alfonso Zarauza (director e guionista), Carlos Iglesias (actor e director), Eloísa Varga (actriz), Carlos López Piñeiro (profesor de guión e produción), Eloy Enciso (director e guionista), Beli Martínez (produtora), José Manuel Fernández (crítico) e Ángel Santos (director).

Visit Pontevedra