Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

O foro “Unirede” volve este ano a Pontevedra para explorar as posibilidades da web 2.0 no sector da Gastronomía

Carlota Román destaca o acerto de combinar nun só evento a formación aos profesionais do turismo coa promoción turística da cidade





O Congreso "Unirede", o foro galego da web 2.0 volve a Pontevedra, por cuarto ano, da man da Concellería de Promoción Económica. O evento, nas anteriores edicións xa estivo vinculado ao sector do turismo, porá o acento nesta edición no subsector da Gastronomía.

 

A concelleira Carlota Román presentou hoxe esta iniciativa acompañada de Fidel Martín, coordinador de evento, e a presenza por vídeo-conferencia de Erika Silva, directora da Escola de Márketing Gastronómico de Valencia.

 

"Unirede", que se celebra o próximo sábado, día 18, na sede de Afundación, está dirixido a profesionais do turismo e da Internet interesados en explorar as posibilidades das Redes Sociais e os recursos dixitais para a promoción dos negocios deste sector. Na edición do pasado ano, destacou Carlota Román, tivemos responsables de hoteis e restaurantes de toda Galicia.

 

Carlota Román destacou o dobre acerto desta iniciativa, que combina unha interesante oferta formativa para os profesionais do turismo, coa propia promoción da cidade de Pontevedra. A presenza dun público especializado explica que o ano pasado, Pontevedra se convertera en "Trending Topic" en Twitter.

 

A convocatoria deste ano leva por título "Turismo e Gastronomía e a súa relación co 2.0". Un enfoque que estará potenciado pola presenza dalgúns dos cociñeiros gañadores do recente certame PontedeTapas para participar nunha sesión de "networking".

 

Os asistentes disporán, nunha única xornada (mañá e tarde), dun completo programa de ponencias, así como unha presentación de casos de éxito de 2.0 e un obradoiro de tecnoloxía e comunicación. Todas as actividades orientadas á Gastronomía e o Turismo. O corpo de relatores está integrado por Erika Silva, Mario Schumacher, Alfredo Vela Zancada, Damián Melero, Roberto Pérez Marijuán, Juan J. Romero, Fidel Martín, Christian Delgado, Alfonso López, Rubén Amorín, Mónica Castelao, Pablo Melián, Marta Valcarce, Lucía Pita, Alberto Rivas, Faustino Batallán, Tania Carreira e Nicolás Álvarez.

 

O foro terá un prezo de inscrición a partir de 15 euros e pode realizarse xa no sitio web forounirede.com.

Visit Pontevedra