Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

A Concellería de Promoción Económica impulsa o seu terceiro Plan de Emprego, con 170 novas becas laborais.

Carlota Román destaca que as iniciativas emprendidas nos tres últimos anos propiciaron a sinatura dun total de 417 contratos de traballo.





Concellería de Promoción Económica pon en marcha un novo Plan municipal de Emprego. O departamento que dirixe Carlota Román ofertará 170 prazas para persoas paradas. Supón a terceira convocatoria deste tipo nos dous últimos anos.  A dotación económica ascende a 200.000 euros e o obxectivo é que as prácticas comecen a mediados de abril. As bases foron aprobadas hoxe pola Xunta de Goberno Local. En breve abrirase o período de inscrición, que volverá xestionarse dende as oficinas do Servizo Galego de Colocación (oficina de Emprego da rúa Eduardo Pondal).

 

Os únicos requisitos obrigados son: estar empadroado en Pontevedra, ter cumpridos os 18 anos, estar desempregado e dispor de capacidade funcional para desenvolver as tarefas habituais da ocupación que se solicita.

 

A concelleira significou que, a partir da relación recibida (que incluirá tres aspirantes por cada posto) valoraranse as características dos pre-candidatos. Este ano darase especial importancia aos maiores de 50 anos, pois comprobouse que son os que están a ter máis dificultades para acceder ao mercado laboral pontevedrés. Tamén haberá puntos para os discapacitados, o colectivo feminino e os menores de 30 anos sen experiencia laboral previa. As bases terán tamén coidado de non descartar aos que carezan de estudos universitarios, pois tense comprobado que son outro dos grupos "sensibles".

 

Carlota Román destacou repetidamente que a selección resulta totalmente imparcial e "coa mesma porta de entrada para todo o mundo". As bases introducen como requisito que as empresas participantes non poden ter despedido a ninguén en postos equivalentes tres meses antes ou durante a prestación do servizo.

As becas non implican relación laboral algunha. Volverán ser de 375 euros mensuais, cunha duración trimestral e réxime de media xornada. Trátase dun plan "á carta" pois a Concellería de Promoción Económica busca unha empresa na cidade (ou no seu caso na bisbarra) que se adapte ao perfil profesional do becario/a.

Por outra banda, Carlota Román fixo balanzo das actuacións de loita contra o desemprego desenvolvidas polo seu departamento no último trienio. Unha estratexia baseada en actuacións directas, coa tripla fronte dos Plans de Emprego, o programa de formación-inserción laboral ILES e as dúas edicións das feiras de emprego (PonteEmprego).

 

Un total de 957 persoas pasaron por estes tres operativos (nas feiras de emprego se contabiliza unicamente a bolsa xestionada). A inserción laboral estivo entre o 40% e o 51% e un total de 417 persoas asinaron un contrato de traballo. Carlota Román vinculou directamente estes índices co tratamento personalizado aos beneficiarios das iniciativas.

 

No balanzo, tamén debullou os resultados en función de cada un dos tres programas principais:

 

Os tres Plans de Emprego municipal chegaron a 428 persoas (incluíndo esta nova convocatoria). O investimento total suma os 500.000 euros. Índice de inserción: 40%.

 

O programa ILES, con financiamento europeo, abrangue a 315 persoas, que reciben formación e participan posteriormente en itinerarios monitorizados de inserción laboral. Supón un gasto de 1,5 millóns de euros. Índice de inserción: 48%.

 

Finalmente, as feiras de emprego xestionaron nos dous últimos anos senllas bolsas por un total de 214 postos de traballo. Índice de inserción: 51% en 2013 e 42% en 2014.

 

A esta liña de actuación en primeira liña, a Concellería de Promoción Económica sumou actividades indirectas (programas Emprende en positivo, Ponte a punto, Pont Store, Tempo de Mulleres e Foro Galego da web 2.0), actividades de apoio ao comercio (Ponte Xogos e o curso de Xeoposicionamento para o comercio local) e, finalmente, actividades formativas de presenza na web e técnicas de venda.

Visit Pontevedra