Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Víctor Moreno recibe a felicitación municipal tras recibir a acreditación da Federación Europea de Fotógrafos

Carlota Román destaca os resultados das dúas campañas, a cargo do artista pontevedrés, para a promoción turística e da Praza de Abastos





Seis fotógrafos españois dispoñen da acreditación da Federación Europea de Profesionais da Fotografía (FEP). Un deles é o pontevedrés Víctor Moreno García, autor das campañas Pontevedra Glamour (para impulsar as vendas na Praza de Abastos) e Pontevedra é un amor (para a promoción turística da cidade).

 

A concelleira de Turismo, Carlota Román, recibiu hoxe a Víctor Moreno para felicitalo por este recoñecemento que o acredita como un creador audiovisual con pericia para impartir todo tipo de actividades de formación e docencia en todo o territorio da Unión Europea.

 

Moreno presentou unha escolma dos seus traballos. Mereceu unha especial valoración o seu carácter pioneiro na  creación de "fashion films" (curtametraxes publicitarias ou de moda que contan breves historias), campo no que ven traballando dende hai máis dunha década.

 

A concelleira de Turismo enxalzou os magníficos resultados que deu o vídeo Pontevedra é un amor, tanto na Rede (máis de 50.000 reproducións entre Youtube e outras plataformas) como pola súa proxección en todos os foros de turismo nos que a Capital das Rías Baixas participa.

Visit Pontevedra