Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Entregados os premios aos gañadores da campaña de apoio ao comercio local “Neste Nadal, mergúllate con nós”

Carlota Román destaca a necesidade de apoiar ao sector comercial e subliña a estreita colaboración con Aempe.





A Casa da Luz acolleu hoxe a entrega das compras realizadas polos gañadores na campaña "Neste Nadal, mergúllate con nós", que a Asociación de Pequenos e Medianos Empresarios (Aempe) organiza co apoio económico do Concello de Pontevedra.

 

A concelleira de Promoción Económica, Carlota Román, estivo á fronte do acto, acompañada dos directivos de Aempe, Conchi Pereiro, "Sesi" Filgueira e Diana Pastoriza. A concelleira destacou a importancia das medidas de apoio ao comercio local nun momento en que está a sufrir moito por mor da acumulación dos efectos da crise económica e recalcou as numerosas accións de colaboración co Concello.

 

Á entrega de premios acudiron o gañador do primeiro premio (1.000 euros), Rubén García, xunto cos representantes dos premiados co segundo premio (500 euros), Celia Couto, e o terceiro premio (300 euros), Arturo Rial.

 

Os produtos entregados hoxe foron adquiridos polos tres principais gañadores, pero, ademais, repartíronse 87 vales de compra. Os vales ían dos 50 euros aos 1.000 euros. Os gañadores tiveron que empregalos nos  establecementos asociados a Aempe en compras non inferiores a 30 euros nin superiores a 200. Uns 300 comercios participaron nesta campaña, que se desenvolveu ata o pasado 16 de xaneiro.

 

Aempe ten asinado un convenio coa Concellería de Promoción Económica polo que recibe un total de 16.000 euros para accións de impulso ao comercio local, publicidade e organización ou participación en feiras e exposicións.

Visit Pontevedra