Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

A Pontevedra Film Commission aposta polo humor coa webserie Dalle Jas!

Carlota Román destaca que "Unha promoción turística moderna dunha cidade vai máis alá da publicación de folletos e carteis ou da información ao visitante"





Acompañada do equipo de Dalle Jas!, a concelleira de Turismo de Pontevedra, Carlota Román, presentou a última iniciativa da Pontevedra Film Commission, ou sexa a oficina encargada de apoiar e promocionar a rodaxe de todo tipo de producións audiovisuais na cidade.

 

A webserie, que trunfa na Internet dende que no mes de outubro saíu o primeiro capítulo, está a rodar os outros cinco en exteriores e locais comerciais de Pontevedra. Sesións maratonianas que rematan este mesmo venres na Illa das Esculturas. Xunto coa concelleira estivo o director, José Miguel Sagüillo; a actriz Bea Campos e o actor Omar Ferrín.

 

Dalle Jas¡ é una road-movie movida polo fío do humor a partir da confrontación de cinco personaxes antagónicos que non se coñecen entre si e que deciden compartir coche nunha viaxe absurda. Chega da man do grupo Triatreros e coa produción de Audiobeesual.

Conta no reparto, ademais de Bea e Omar, con Tone Martínez, Alba Bermúdez, Martín Martínez e Miguel Canalejo. Ademais de colaboracións doutros habituais da escena galega.

 

Tres dos actores, xunto con boa parte do equipo é de Pontevedra ou formado na cidade. En total, un conxunto de 40 persoas que, en palabras de Bea Campos, funcionou como un verdadeiro viveiro empresarial, formándose e facendo contactos a medida que avanzaba a rodaxe.

Carlota Román subliñou que dende a creación da Pontevedra Film Commission, hai algo máis dun ano, xa colaborou con producións como Desde Dentro, Wendyland is dead, El cubo de Rosa, Clases de lo Social, Castelao vive en Pontevedra, Proxecto C3 (tres documentais sobre a vida de Maruxa Mallo, a Bela Otero e María Casares) e tres spots publicitarios para un coñecido grupo de adegas galegas.

 

A concelleira explicou que unha promoción turística moderna e intelixente vai máis alá da publicación de folletos ou carteis, ou de atender aos turistas en casetas de información; busca tamén a presenza da cidade en formatos novidosos como é o audiovisual e ten especial querenza pola Internet.

 

Miguel Sagüillo destacou que coa rodaxe de Dalle Jas¡ gaña o equipo que está detrás deste proxecto, pero tamén gaña a cidade. Ademais, subliñou, sen apoio público como o que brinda esta Film Commission sería case imposible sacar adiante este tipo de producións.

 

A webserie ofrecerá a súa segunda entrega a finais deste mes e, a partir, de aí irá saíndo unha nova ata completar as seis previstas en torno ao verán.

 

Máis información:

www.dallejas.com

www.pontevedrafilmcommission.com

Visit Pontevedra