Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Un "thriller" ambientado en Pontevedra é a última aposta da oficina da Film Commission.

Carlota Román destaca o crecente número de produtoras que se dirixen á Concellería de Turismo para rodar na cidade





Un asasino en serie anda solto en Pontevedra. As súas vítimas son mulleres novas de pelo castaño. Unha produtora en decadencia encárgalle a un director vido a menos a rodaxe dunha "snuff movie". Así arranca "Desde Dentro" unha curtametraxe que se rodará nas rúas da cidade co apoio da Film Commission que puxo a andar a Concellería de Promoción Económica e Turismo.

 

A película foi presentada hoxe pola edil Carlota Román acompañada do director, Samuel Lema; o protagonista, Xoque Carbajal, e Sika Lamas, responsable da produtora "Y la nave va".

 

O proxecto nace, gracias ao apoio municipal, despois de que non acadara financiamento para unha longametraxe. Utilizará localizacións como o Centro Histórico, as marismas de Alba e a ponte das correntes. No reparto estarán tamén Sara Casasnovas, Sabela Arán e Carlos Vila.

 

O equipo, que chega co aval do éxito de "La Carne Cruda", afronta un traballo a cabalo entre o cine, a televisión e o falso documental, co que pretenden conquistar aos xurados de diversos concursos internacionais aos que se presentarán durante os próximos meses.

 

Ata alí chegará a historia do "Acechador", un criminal que acaba convertido nunha personaxe mediática e mesmo alcanza notoriedade na rúa coa venda de camisetas e sudadeiras de capucha vermella.

Carlota Román subliñou que Pontevedra Film Commission, creada en 2014, apoiou xa a rodaxe da webserie Clases de lo Social, de tres curtametraxes sobre La Bella Otero, Maruja Mallo e María Casares, así como a rodaxe de tres anuncios dunhas adegas galegas. Actualmente estase a rodar a curta "Wendyland is dead" e están a piques de comezar outros proxectos, entre os que destaca "Castelao vive en Pontevedra". Cada vez son máis, engadiu, as produtoras que chaman ás portas da Concellería de Turismo.

 

A responsable municipal, que subliñou que o impulso á rodaxe de producións audiovisuais en Pontevedra debe continuar sendo unha liña estratéxica da política turística, anunciou tamén que a web da Film Commission incorporará en breve un apartado cos "making off" de todas elas.

Visit Pontevedra