Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

A gastronomía de Pontevedra desembarca en FITUR cunha presentación dirixida aos profesionais do turismo español

Carlota Román organiza unha gala, na terraza dun céntrico hotel, ao redor dos cociñeiros e os "barman" do concurso PontedeTapas





A oferta turística de Pontevedra se singularizará en FITUR 2015. A Concellería de Turismo presentou hoxe a estratexia da cidade para poñer en valor o potencial gastronómico pontevedrés. Unha gala cos gañadores do concurso PontedeTapas, dirixida a profesionais do sector, grandes empresas e personalidades do mundo do cine, será o reclamo da Capital das Rías Baixas na gran feira do turismo español.

 

A  concelleira Carlota Román anunciou que, ademais da presencia física e convencional nas naves do Ifema de Madrid, era necesario artellar unha campaña identificadora da nosa cidade. Optouse por un formato distinto, saíndo do recinto do Ifema, e organizar así esta gala na terraza ("The Roof") do hotel ME Meliá. A cita é a partir das 20.30 horas do próximo xoves, día 22.

 

A responsable municipal explicou que a gastronomía pontevedresa xa foi promocionada nun recente acto en Barcelona, e agora chegou o momento deste "desembarco" en Madrid, aproveitando a presencia en FITUR dos grandes profesionais do sector: touroperadores, maioristas, axencias de viaxes, revistas especializadas, blogueiros nacionais e internacionais.

 

Carlota Román engadiu que ao acto están tamén invitados directivos de grandes empresas, así como personalidades do cine relacionadas con Galicia, o que explicou polas liñas de traballo da Concellería en materia de turismo de negocios e incentivos, así como a recente creación da Pontevedra Film Commission, para atraer á cidade a rodaxe de todo tipo de producións audiovisuais.

 

O acto incluirá a proxección dos vídeos de PontedeTapas e o da campaña Pontevedra es un amor, un traballo a cargo do produtor audiovisual Víctor Moreno, recentemente premiado pola Asociación de Profesionais da Fotografía de Europa. Haberá, finalmente, unha presentación a cargo de Carlota Román.

 

O Plan Estratéxico de Turismo de Pontevedra pon o énfase na promoción nas grandes cidades españolas situadas a menos de dúas horas de avión. Asemade, a gastronomía é un dos principais atractivos do destino Rías Baixas. Temos claro os obxectivos, afirmou a edil, e creo que tamén acertamos cunha presentación fresca e alternativa como esta, saíndo do que é habitual en FITUR.

 

Visit Pontevedra