Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

El Cafetín, Cáncamo, Central Terraza, Loaira e PTV gañadores no concurso de tapas e cócteles

PontedeTapas botou o peche cunha gala final na que quedou claro "o nivelazo" alcanzado durante o concurso gastronómico





A sétima edición de PontedeTapas xa é historia. Despois de 42.600 tapas vendidas e un gran impacto sobre o turismo e a hostalería local durante as case dúas semanas da festa gastronómica que marca o comezo do decembro pontevedrés, a gala final puxo o peche.

 

A concelleira de Promoción Económica, Carlota Román, presidiu onte unha gala, celebrada no auditorio de Afundación, que serviu para constatar o "nivelazo" (en palabras do presidente do xurado: o chef Javier Olleros) alcanzado polos 45 locais que participaron no concurso.

 

Él Cafetín (tapa creativa), Cáncamo Mariscos (tapa tradicional) e Terraza Central(cóctel) foron os tres gañadores dos premios do xurado. Con eles estiveron tamén os establecementos finalistas: Envero e Tábula Rasa, en creativa; Cre-Cotté e Dejavi Tapería, en tradicional; e, finalmente, PTV e Marilyn en cócteles. Os gañadores participarán na Gala Provincial da Hostalería que está a preparar a Federación Provincial de Hostaleiros.

 

O xurado profesional estivo encabezado por Javier Olleros, chef do Culler de Pau (O Grove), e contou tamén coa participación de Inés Abril, chef do Maruja Limón (Vigo) e participante no programa televisivo Top Chef, e Marco Varela, chef profesional, mellor cociñeiro de Galicia 2011 e finalista en Madrid no concurso internacional Bocouse D'Or e do concurso de cociñeiro do ano. Con eles estivo tamén Diego Mosquera, barman profesional e vicepresidente da Asociación Galega de Barmans, e Ruben Riós, actor e director de cine.

 

Subiron tamén ao estrado os gañadores da votación do público: Loaira, Casa Verdún e Taberna Zentola, en tapas; e PTV, en cócteles.

 

Todos eles recibiron os diplomas acreditativos de mans de Carlota Román e de distintos representantes das asociacións empresariais da cidade.

 

Finalmente, entregáronse os premios aos clientes agraciados durante o sorteo celebrado o pasado sábado. O primeiro premio consistiu unha viaxe a Roma para dúas persoas e tres días. A gañadora foi a moza pontevedresa Noemy Ekpo-ekuerre Méndez.

O resto dos premios consistiron en cheques de compra no comercio local e na praza de Abastos. A relación de gañadores é a seguinte:

 

  • Cheque-comercio de 500 euros: Belén Rial, de Ames.
  • Cheque-comercio de 400 euros: Serafín Fernández Vázquez,  de Pontevedra.
  • Cheque-comercio de 300 euros: Raquel González Justo, de Pontevedra.
  • Cheque-comercio de 200 euros: Juan Mejuto, de Pontevedra.
  • Cheque-Plaza de Abastos de 200 euros: Diego Sepúlveda, de Pontevedra.
  • Cheque-Plaza de Abastos de 200 euros: Beatriz Castellano, de Pontevedra.
  • Cheque-Plaza de Abastos de 200 euros: Isaac Freire Carballal, de Pontevedra.
  • Cheque-comercio de 150 euros: Adrián González Méndez, de Sanxenxo.
  • Cheque-comercio de 100 euros: Ana García Gestoso, de Pontevedra.
  • Cheque-comercio de 100 euros: Francisco Javier Osorio, de Pontevedra.
  • Cheque-comercio de 100 euros: Paula Estévez, de Ourense.
  • Cheque-comercio de 100 euros: María Cristina Costas Pajariño, de Pontevedra.
Visit Pontevedra