Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Unha moza pontevedresa gaña unha viaxe a Roma no sorteo entre os clientes de PontedeTapas

Os cociñeiros Javier Olleros, Inés Abril e Marco Varela estarán no xurado da gala final, que se celebra este luns no auditorio de Afundación





A Casa da Luz, sede de Turismo de Pontevedra, foi esta mañá o escenario do sorteo dos 13 premios reservados para o público participante no concurso gastronómico PontedeTapas, que concluíu o pasado luns cun balanzo de 42.600 tapas e cócteles vendidos.

A concelleira de Promoción Económica, Carlota Román, acompañada de dúas cativas, foi a encargada de extraer as papeletas gañadoras entre a morea de papeis extraídos das 45 urnas (unha por local) nos que os clientes rexistraron os seus datos e a votación das tapas e cócteles.

O primeiro premio consistiu unha viaxe a Roma para dúas persoas e tres días. A gañadora foi a moza pontevedresa Noemy Ekpo-ekuerre Méndez. O resto dos premios consistiron en cheques de compra no comercio local e na praza de Abastos. A relación de gañadores é a seguinte:

  • Cheque-comercio de 500 euros: Belén Rial, de Ames.
  • Cheque-comercio de 400 euros: Serafín Fernández Vázquez, de Pontevedra.
  • Cheque-comercio de 300 euros: Raquel González Justo, de Pontevedra.
  • Cheque-comercio de 200 euros: Juan Mejuto, de Pontevedra.
  • Cheque-Plaza de Abastos de 200 euros: Diego Sepúlveda, de Pontevedra.
  • Cheque-Plaza de Abastos de 200 euros: Beatriz Castellano, de Pontevedra.
Visit Pontevedra