Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

PontedeTapas pechou con 42.600 tapas e cócteles vendidos durante o concurso

Os 9 finalistas (tres por categoría) na votación do xurado elaborarán as súas tapas e cócteles na gala final deste luns. Xa se coñecen os tres gañadores pola votación popular.





PontedeTapas pechou a súa sétima edición o pasado luns ratificando o seu poder de atracción de visitantes e o seu efecto dinamizador sobre a hostalería local. O certame gastronómico que organiza a Concellería de Promoción Económica confirma o seu tirón porque, rematado o escrutinio das urnas, xa é oficial que se consumiron un total de 42.600 tapas e cócteles.

A concelleira Carlota Román destacou que un concurso que naceu para animar o comezo do mes de decembro en Pontevedra está mesmo a producir cambios no calendario turístico pontevedrés. De feito, engade, a cifra real de vendas é mesmo superior á oficial porque tan só é posible calcular o número de cupóns que o público deposita en cada local.

Carlota Román observou que os 45 locais que participaron no concurso rexistraron unha importante afluencia e mesmo algúns estiveron completamente ateigados durante varios días. O público, engadiu, acudía reclamando especificamente "a tapa do concurso" e case todos os establecementos pasaron das mil tapas vendidas. Algúns deles, bastantes máis.

Mañá sábado, na Casa da Luz, procederase ao sorteo entre os cupóns de votación para elixir aos clientes gañadores dos premios, que consistirán nunha viaxe a una capital europea e vales de compra no comercio local e na Praza de Abastos. PontedeTapas pechará a súa programación o próximo luns coa gala final que se celebrará en Afundación, e na que os finalistas da votación do xurado elaborarán as súas tapas e cócteles en directo e enfrontaranse á cata final por parte dun xurado profesional. A gala concluirá cun gañador en cada modalidade, pero todos os finalistas recibirán diploma.

 

Os finalistas desta edición son en Tapa Creativa: Tabula Rasa, con "Bacallao con Patente de allada", El Cafetín, con "Empanada de bacalao con pasas", e Envero, con "Dim sum de caldo galego". No apartado de Tapa Tradicional os seleccionados son Cre-Cotte, con "Carrilleira de Porco con cromesqui ao viño Mencía"; Dejavi Tapería, con "Érase unha vez un polbo na horta", e Cancamo Mariscos, con "Trío Marino". Finalmente, no apartado de Cóctel os tres finalistas foron PTV Cervecería, con "Mesturas"; Marilyn, con "Marilyn Frapé", e Terraza Central, con "Delicia Central".

O que si se pode xa confirmar, unha vez rematado o escrutinio das urnas, son os gañadores na votación popular, que tamén recibirán diploma acreditativo durante a gala do luns. Son Loaira, Casa Verdún e Taberna Zentola.

Finalmente, a concelleira de Promoción Económica subliñou o carácter innovador do concurso gastronómico pontevedrés, pioneiro en Galicia non só na organización da gala final, senón tamén na promoción a través das Redes Sociais. Os primeiros datos deste ano indican que se produciron dous millóns e medio de impactos en Twitter e máis de 400 fotos foron publicadas en Instagram.

Visit Pontevedra