Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Terras de Pontevedra traballa para poñer no escaparate turístico a riqueza turística de toda a bisbarra

O Pleno da mancomunidade aprobou a memoria de actuacións con cargo ao convenio coa Axencia Galega de Turismo





O Pleno da Mancomunidade Terras de Pontevedra aprobou hoxe a memoria das actuacións acometidas durante o ano 2014, centrada na promoción e comercialización dos recursos rupestres da bisbarra. O máximo órgano reitor da mancomunidade está presidido polo alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e conta con representación dos concellos participantes: Marín, Poio, Ponte Caldelas, Vilaboa, Cotobade e Campo Lameiro.

 

A concelleira de Turismo pontevedresa, Carlota Román deu conta das liñas de actuación acometidas no marco do convenio, asinado o pasado mes de setembro, coa Axencia Galega de Turismo. A pesar do escaso tempo dispoñible, a planificación previa realizada permitiu xustificar a totalidade dos 110.000 euros, dos que a entidade turística galega achegou 90.000 euros, e os concellos da mancomunidade os 20.000 euros restantes.

 

A promoción dos diferentes recursos de arte rupestre visitables dende Pontevedra como capital das Rías Baixas, foi o eixe central. Adxudicáronse senllos contratos para a comercialización do produto rupestre e promoción de roteiros integrados. Carlota Román subliñou o esforzo de transparencia para publicar as convocatorias nas webs de Terras, Turismo de Pontevedra e Concello de Pontevedra.

 

No que atinxe á comercialización da arte rupestre estase a configurar unha oferta conxunta "paquetizable" para toda a bisbarra, con ampla difusión en Redes Sociais e alianzas dixitais con outros centros rupestres españois como Atapuerca, Ekainberri (País Vasco) e Teverga (Asturias). En canto aos roteiros buscouse enlazar o Parque de Campo Lameiro cos recursos da Caeira (Poio), Mogor (Marín) e Tourón (Ponte Caldelas).

Visit Pontevedra