Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

A segunda edición da Feira de Doces de Convento quedou aberta hoxe, no primeiro andar da Praza de Abastos

O certame incorpora este ano a 22 congregacións relixiosas e case 100 exquisitas especialidades, que chegan  co aval do éxito da primeira edición





A II edición da Feira de Doces de Convento quedou aberta hoxe, no primeiro andar da Praza de Abastos. Ata o próximo día 20 será posible adquirir preto dun cento referencias distintas das máis exquisitas mostras da repostería dos conventos de clausura de toda España.

 

A mostra foi inaugurada hoxe pola concelleira de Promoción Económica, Emprego e Turismo, Carlota Román, acompañada do párroco de San Bartolomé Raúl Lage, e representantes de Aempe e o Centro Comercial Urbano Zona Monumental.

 

A concelleira Carlota Román destacou o éxito do ano pasado. Unha experiencia, engadiu, que serviu para demostrar que a Praza de Abastos ten potencialidade para atraer público, tamén en horario vespertino. Daquela, as vendas achegáronse aos 7.000 euros con máis de 1.000 produtos vendidos e a feira chegou a padecer importantes aglomeracións de público, superando todas as expectativas.

 

Esta segunda Feira de Doces de Convento estará aberta en horario de 10.00 a 14.30 horas e de 17.00 a 20.00 horas. As ordes relixiosas participantes foron seleccionadas polo Arcebispado de Santiago e o ente "Expoconvento".

 

A responsable municipal de Promoción Económica destacou que os prezos dos produtos son os fixados por cada convento. A inmensa maioría non teñen distribución comercial e só é posible adquirilos directamente nos recintos relixiosos. O máis caro son as xemas de San Leandro, a un prezo de 14 euros a caixa. O máis barato, as magdalenas das clarisas de Úbeda (Xaén), elaboradas co aceite das oliveiras do propio convento, que se poden adquirir a 4,50 euros.

 

A relación de participantes está formada por:

  • Benedictinas de Trasmañó (Redondela): doces variados.
  • Benedictinas de Cuntis: galletas e amendoados.
  • Dominicas de Viveiro: "Tarta Real" (parecida á de Santiago pero cuberta de améndoa fileteada).Turróns. "Amarguillos" (parecidos ao mazapán). "Cordiales" (recheos de cabelo de anxo).
  • Benedictinas de Santiago: Amendoados que se venden nunha caixa cun botafumeiro.
  • Dominicas de Santiago: "Belvises": posiblemente as mellores pastas de té de Galicia.
  • Clarisas de Coín (Málaga): Turróns premiados co premio de innovación do Club do Gourmet. "Hugolinas" (un brownie con noces). "Tortas de Asís" (galletas con cabelo de anxo) e "Bocadiños de Améndoas e Piñóns".
  • Clarisas de Estepa (Sevilla): Convento coa primeira pastelaría de España, dende 1599. Mantecados coa receta orixinal. "Pasteis de gloria" (mazapán con cidra).
  • Agustinas de Sevilla: Responsables das famosas "Xemas de San Leandro". Presentación espectacular en caixa de madeira. Cada xema require 10 minutos de elaboración. Receita de 1763.
  • Clarisas de Úbeda (Xaén): Das mellores magdalenas de repostería monacal. Elaboradas con aceite autóctono.
  • Agustinas Fregenal (Badaxoz): Antiquísimas receitas do século XVII. Destacan as "Perrunillas" (pasta dura de améndoa).
  • Clarisas Vivar del Cid (Burgos): Elaboran doces dende o século XII. "Lágri-mas del Destierro" (receita da época do Cid Campeador) e Turrón de guirlache.
  • Trinitarias de Quintanar de la Orden (Toledo): Excelentes figuras de maza-pán.
  • Clarisas de Ávila: Famosas polos seus Turróns, de impecable presentación e calidade.
  • Clarisas de Alcalá de Guadaira (Sevilla): Expertas en Xemas. Tamén en "Corazones de Obispo", amendoados moi valorados. Venden habitualmente no club do gourmet dunha gran cadea de distribución.
  • Clarisas de Ronda (Málaga): As Barras de Mazapán teñen gran sona. O batido da masa faise polo ritual do "rezo" e non por tempo.
  • Clarisas de Astudillo (Palencia): Destacan as súas Trufas.
  • Clarisas de Valladolid: Coñecidas polos seus "Sobaos".

As novidades deste ano son:

  • Salesas de Lugo: Cocadas, bolos de limón, panecillos do cortijo, galletas de monasterio.
  • Madre de Dios (Sevilla): Avemarías, "naranjines", bocados de améndoa, dátiles de mazapán e magdalenas.
  • As tres novidades deste ano son:
  • Clarisas de A Coruña: Cocadas e pastas de Santa Bárbara.
  • Carmelitas de Loeches (Madrid): marmeladas (mazá a menta, entre elas).
  • Jerónimas de Morón da Fronteira (Sevilla): doces variados. Dáse a circunstancia de que sufriron o ano pasado o incendio do seu obrador, polo que están a recuperar a actividade.
Visit Pontevedra