Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

A Concellería de Turismo reforza a información sobre PontedeTapas nos hoteis con vistas a esta fin de semana

O evento gastronómico coincidirá coa celebración do Campionato de España de Taekwondo por clubs e o Culturgal





A Concellería de Turismo reforza a información sobre PontedeTapas nos hoteis con vistas a esta fin de semana

O evento gastronómico que xa leva 12.000 tapas vendidos, coincidirá coa celebración do Campionato de España de Taekwondo por clubs e o Culturgal

 

 

A fin de semana da ponte da Constitución e a Inmaculada prevese moi movido en Pontevedra. A Concellería de Turismo agarda que máis de 10.000 persoas visiten a cidade, na que coinciden o Campionato de España de Taekwondo por clubs e a Feira das Industrias Culturais de Galicia (Culturgal).

 

A concelleira Carlota Román subliña que a ocupación hoteleira para esta fin de semana é moi forte. E mesmo hoteis dos municipios máis próximos están a recibir a clientes que non atopan cama en Pontevedra. Por esta razón deu instrucións de reforzar a información sobre o concurso gastronómico PontedeTapas de cara a estes días.

 

O PontedeTapas vivirá o seu momento de maior actividade precisamente durante esta fin de semana. Os 45 locais que participan no concurso gastronómico agardan un importante movemento, que continuará ata o luns, día 8, data que ao ser festiva marca este ano o remate do concurso.

 

Carlota Román considera que PontedeTapas pode ser un complemento perfecto para encher o tempo de lecer dos visitantes. Ambos eventos celébranse a escasos pasos do Centro Histórico, epicentro do PontedeTapas, aínda que cómpre recordar que o certame gastronómicos espállase por toda a cidade. Nos folletos informativos e nos cupóns de votación, engade a concelleira, está toda a información.

 

Ata o día de hoxe, segundo os primeiros datos preliminares, téñense vendido en torno a 12.000 tapas e cócteles. A primeira fin de semana pechou cunha cifra próxima ás 8.000. Agárdase un importante tirón final a partir de mañá venres.

 

Mentres tanto continúan as actividades de promoción nas Redes Sociais e na Internet. Se o luns foi a quenda de actores vinculados ao audiovisual galego, dende o martes están a pasar por Pontevedra diversos bloggers e cociñeiros, que son os encargados de ir puntuando as distintas tapas e cócteles. Ao tempo, soben novas e comentarios á Rede, retroalimentado PontedeTapas por toda Galicia.

 

Nesta sétima edición do concurso os 45 locais de hostalería participan nas categorías de tapa tradicional, tapa creativa e cóctel. Seguindo a orientación dos últimos anos, será resolto a partir das votacións dun xurado profesional. Despois da primeira selección para escoller os tres finalistas de cada categoría chegará o momento da gran gala final, que será o luns, 15 de decembro. O xurado estará encabezado por un cociñeiro con estrela Michelín.

 

Paralelamente, o público volverá ter ao seu dispor as papeletas de votación para seleccionar ao local gañador da votación popular. Entre todos os votos se sortearán os habituais premios: un primeiro consistente nunha viaxe dunha fin de semana para dúas persoas a unha capital europea e varios vales de compra no comercio local e na Praza de Abastos.

 

Os prezos, como vén sucedendo case dende o principio, son os mesmos: 1,50 euros para as tapas e 2,50 euros para os cócteles

Visit Pontevedra