Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Máis de trinta profesionais dos medios de comunicación e da difusión gastronómica na Rede pasarán por PontedeTapas

O concurso foi inaugurado hoxe cunha visita do goberno municipal a un dos locais á que foron invitados membros da organización e asociacións empresariais





Reporteiros de medios de comunicación españois, personaxes coñecidos, blogueiros e referentes en turismo gastronómico nas redes sociais estarán presentes en PontedeTapas durante a celebración do certame que hoxe comeza en 45 locais de hostalería pontevedreses.

 

O concurso, que dinamizará a economía local ata o próximo 8 de decembro, foi inaugurado hoxe cunha visita da concelleira de Promoción Económica, Carlota Román, á que foron invitados concelleiros e membros da organización e asociacións empresariais a un dos locais participantes. Desta volta escolleuse o Alejo's, onde se serve a tapa "La debilidad de Chicote", na modalidade de cociña creativa.

 

A oferta gastronómica, que pode consultarse no sitio www.pontedetapas.eu inclúe 30 tapas de cociña creativa, 16 tapas tradicionais e 12 cócteles. Algúns dos establecementos participantes ofrecen varias destas modalidades, e mesmo algúns, as tres.

 

Carlota Román destacou que, seguindo a orientación dos últimos anos, o concurso será resolto a partir das votacións dun xurado profesional. Despois da primeira selección para escoller os tres finalistas de cada categoría chegará o momento da gran gala final, que será o luns, 15 de decembro. O xurado estará encabezado por un cociñeiro con estrela Michelín.

 

O público que deguste as tapas volverá ter ao seu dispor as papeletas de votación para seleccionar ao local gañador da votación popular. Entre todos os votos se sortearán os habituais premios: un primeiro consistente nunha viaxe dunha fin de semana para dúas persoas a unha capital europea e varios vales de compra no comercio local e na Praza de Abastos.

 

Por outra banda está a piques de pecharse o programa de visitas de representantes dos medios de comunicación, blogs e perfís na Internet. A concelleira de Promoción Económica destacou a firme aposta de PontedeTapas pola estratexia 2.0, que tan bos resultados acadou nas dúas últimas edicións. O obxectivo, recalcou, é atraer público doutras localidades, especialmente de Galicia e comunidades próximas e está claro que os blogs, Facebook e Twitter axudáronos moito no pasado para acadalo.

 

Aínda coa posibilidade de introducir cambios barállase o seguinte calendario:

 

O próximo luns estará en Pontevedra Beatriz Campos, actriz e presentadora en "A nosa nube" en TVG. Con ela chegarán David Espiño, reporteiro da La Sexta, e Patricia Martínez, de Telecinco.

 

O mércores será a quenda dos blogueiros José Luis Oliveira ("As pequenas viaxes"); Rubén Amorín ("Ni mata ni Engorda"), finalista do concurso de Canal Cocina e finalista en MexilOnseTuits; Manuel Babarro ("Cervexeando"); Conchi Zúñiga ("Cocinando con setas"); Víctor Blanco ("O Bandullo"); José Silvarredonda ("Cocina y Kutchna"); Lucía Pita ("Vivirnacoruna") e, finalmente,  Verónica Ramallal ("Pekecha").

 

O xoves chegarán Laura Eiriz ("La Cocina de Mezquita"); María ("Las historias de María"); Úrsula Urssuladas ("community manager" de Martín Códax); Xavi Presas (Xavi_Life e"Cocidotrip").

 

O venres agárdase a José Crusat (bodegueiro e "Del comercio y del benéfico"); Lorena Costas ("Bake my day"); Frenchi Oubiña ("Galicia_Mola"), Luis Ulloa ("Cocido_Day"); Alberto Ribas ("Mais grelos"); Mariña Bello ("Tee-Travel"), Iván Méndez (chef profesional e responsable das accións de Galicia Calidade); Kike Cerviño ("Alacena Roja").

 

O sábado será novamente a quenda dos xornalistas, pois pasarán por PontedeTapas María Cheda (Antena 3) e Raquel Rosa (TVG).

Visit Pontevedra